Coñezo a Juan de toda a vida. Eu tamén fixen atletismo e estiven no club Cisne con Telesforo de adestrador. As pistas foron testemuñas dos nosos adestramentos con maior ou menor éxito. O Estadio da Xuventude foi a súa casa durante moito tempo. Hoxe a nosa historia de vida é de…
Juan Romero Ogando naceu en Barro o 26 de setembro de 1955. Fillo de Juan Romero Fernández, natural de Combarro, e de Valentina Ogando Soto, de Forcarei.
O pai de Juan era secretario do concello de Barro, e a súa nai, telefonista. Ela quedara orfa sendo aínda moi nova e foi acollida por un seu tío, D. Manuel Ogando, que era crego de Xeve.
Juan tivo unha irmá maior, Isabel, que finou hai uns anos.
De neno andou na escola de D Gerino en Barro e lembra que lle gustaba moito a historia da arte. En 1965, cando tiña 10 anos, veu coa irmá para Pontevedra onde ela estudaba maxisterio para ingresar no instituto Sánchez Cantón. Vivían nunha pensión e ían os fins de semana á casa.
Dábanlle clase entre outros, Corrochano, Castillo, Fis, D. Mariano, Da. Pila, etc… Animado polos profesores de educación física, comezou a practicar deporte. Con 14 anos foi campión escolar de España de 400 metros. O instituto ficou nese ano campión de España en todas as modalidades. Lembra a súa primeira carreira cando tiña 14 años, un cross escolar que adoitaba gañar Moure, pero esa vez gañou el e déronlle unha medalla. Ao volver para casa, de pé no autobús de liña, deulle un mareo e estivo unha semana con dores nas pernas.
Só tivo unha lesión importante: unha rotura de fibras cando tiña 18 anos. Foi correndo os 100 metros.
Carnet da OJE 1970
Juan, no medio, nunha carreira co club Cisne 1974
Empezou a adestrar no Estadio da Xuventude con Telesforo, que daquela era directivo da OJE e levábao nos veráns aos campamentos nas Sinas. Coñeceu a Gonzalo Méndez en 1972 facendo atletismo. Fixéronse moi amigos aínda que eran rivais nas pistas. Levaron durante moitos anos vidas paralelas, no traballo, no deporte e coas parellas.
Ao rematar o COU tiña a intención de estudar medicina como os seus avós maternos, prematuramente falecidos, pero saíron unhas prazas para a Caixa de Aforros de Pontevedra e conseguiu unha en Barro. Así que con 18 anos comezou a traballar. Dous anos máis tarde cambiaría Barro por Pontevedra. Fixo a mili en Valladolid pero non deixou de adestrar nin de competir.
Coñeceu a súa parella facendo atletismo. Casaron e tiveron dous fillos, Juan e Rocío.
Sempre lle gustou relacionarse con xente nova e axudou moito aos seus fillos. Seus pais Foron moi compracentes con el e coa súa irmá. Lembra que cando saía o pai lle daba 500 pesetas para gastos e outras 500 “polo que puidera pasar”, se non pasaba nada tiña que devolvelas.
Despois de adestrar con Telesforo, Muradás e Chus, comezou de xeito individual con Gonzalo. A partir dos 40 comezou a ir aos campionatos de veteranos de Europa e do mundo nos que atinxiu chegar á final en seis ocasións en 800 e 1500 metros.
Con Gonzalo Méndez, seu amigo e rival
Aos 47 anos decidiu deixar as pistas e púxose á rodar. Empezou facendo 10000 metros, media maratón e maratón. Xa leva oito, a derradeira en Valencia no 2004 coa Ximnástica. Agora fai carreiras populares e leva un grupo de homes e mulleres entre os 45 e os 65 anos. Adestran martes, xoves, venres e domingos na Illa das Esculturas de 21 a 22:30.
Tivo a oportunidade de prexubilarse aos 55 e, aínda que ao principio foi algo duro, centrou a súa actividade na Ximnástica onde pasaron de pedir subvencións a facer e vender a marca.
Creou un grupo de sendeirismo, Naturgalicia, e foi o artífice das Depoandainas e Ponteandadas para a Deputación e o Concello de Pontevedra.
“Gustaríalle volver a un campionato do mundo ou olimpíada pero “de oínte”.
Un reto que lle queda por facer é viaxar a Costa Rica ou Exipto. Tamén lle gustaría volver a un campionato do mundo ou olimpíada pero “de oínte”.
Foi
– Vicepresidente, tesoureiro e director da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
– Directivo, membro da comisión delegada e da comisión de clubs da RFEA
– Delegado en Pontevedra e directivo da FGA.
– Directivo do Club Cisne atletismo.
– Directivo do Club RUNGALICIA atletismo.
– Directivo do Club atletismo Pontevedra. – Membro electo polas federacións no IMD Concello de Pontevedra.
– Directivo e tesoureiro da Asociación Juan XXIII e presidente do Club polideportivo Juan XXIII.
– Presidente do Club de Bádminton Pontevedra.
Juan, Touza, Charo e Vidal na entrega da medalla de ouro e brillantes da Ximnástica 2022
Juan, Touza, o pai Simón do S. Narciso o día da súa xubilación e Cortegoso
Na actualidade é presidente de Naturgaliza Club. Gústalle ler, nomeadamente os clásicos. O Quixote é un dos seus favoritos. É un creativo, escribe sobre todo ideas.
O seu recanto favorito está na Illa das Esculturas, na Galiña Azul.
Juan é un torrente de ideas. Sempre ten en mente cousas que facer. Deixamos esta conversa coa idea de continuala noutra ocasión. Grazas por partillar comigo este tempo que che roubo das túas actividades. Vémonos en calquera das andainas.
Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
Actividades culturais do 20 ao 26 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 19, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de xaneiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 12, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 8, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 25 de Novembro ao 1 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 24, 2024 | Actividades | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Víctor Pedreira Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
O viño por Jose Solla Casqueiro
by Colaborador | Xaneiro 19, 2025 | Fotográficas | 0 Comments
O asubío do Candán por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Xaneiro 12, 2025 | Literarias | 0 Comments