Sistelo. Unha das sete marabillas de Portugal
A pequena vila de Sistelo pertence ao concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo e rexión do Alto Miño, no norte de Portugal.
Atópase nunha das entradas ao parque nacional de A Peneda-Gerês, nun enclave de alta montaña de singular beleza. O nome de “Pequeno Tibet portugués” obedece á particuar maneira en que ao longo dos anos os seus moradores organizaron as terras de labor en socalcos e terrazas para intentar suavizar as empinadas pendentes logrando así unha paisaxe moi característica que lembra a do Tibet.

No ano 2017 os portugueses escolleron as súas sete marabillas e Sistelo foi elixida unha delas, ao mesmo tempo, os socalcos foron declarados Monumento Nacional e desde entón esta vila converteuse nun destino turístico moi apreciado. Parece ser que os habitantes de Sistelo comezaron a modular as súas montañas xa no S. XVI e desde entón foron estendendo e perfeccionando esta técnica consistente na construción de muros e o enchido do oco resultante con terra para conseguir unha superficie horizontal onde sementar cereais e pastorear o gado. A auga é conducida por un sistema específico de rega que converte os socalcos nunha forma intelixente e ecosustentada de obter proveito agrícola e pecuario.
Pero non son só os socalcos o único motivo polo que visitar Sistelo. O sendeirismo, a arquitectura popular e a gastronomía tamén son elementos salientables.

Trilhos(Rutas de sendeirismo)

Trilhos(Rutas de sendeirismo)
Conta Sistelo con numerosos trilhos (rutas de sendeirismo). Algúns seguen o río Vez (Trilho das Pontes) con zonas de baño e parques de merendas, outros soben as montañas (Travessia das Serras ou Trilho das Brandas). As brandas son refuxios de pedra onde os gandeiros gardaban o gado que subía a pastar na montaña. Recomendable é visitar a pequena aldea de Padrão desde onde desfrutaremos dunhas impresionantes vistas dos omnipresentes socalcos.

Ponte sobre o río Vez

Trilho das Brandas
As vacas destas zonas caracterízanse pola súa adaptación á alta montaña, non moi grandes e moi habelenciosas para andar sempre entre pendentes. É a vaca cachena dotada de dous impresionantes cornos en forma de lira. Móvense as cachenas entre a vexetación típica da alta montaña: matos (toxos), xestas, uces e carqueixas, piñeiros de diversas especies, carballos, castiñeiros, bidueiros, capudres, loureiros e sobreiras.

Vaca Cachena

Un sardão
Sorprende a cantidade espigueiros (hórreos) que imos atopar. O espigueiro é moi similar ao galego e a súa función é a mesma: gardar e protexer da humidade e dos ratos a colleita, sobre todo o millo, pero tamén patatas e outros cererais.

Espigueiros

Asexando pola pechadura
As casas son as típicas de campesiños e gadeiros, de pedra e tella, bastante humildes, por iso sorprende en Sistelo a existencia do Castelo do Vizconde, edificio indiano do S XIX con dúas torres a modo de fortaleza que hoxe alberga o centro de interpretación da paisaxe e a oficina de turismo. Tamén atoparemos fontes, cruceiros e lavadoiros xurdidos das hábiles mans de anónimos pedreiros (canteiros).

Castelo do Visconde
Para comer recomendamos o Cantinho do Abade ou a Tasquinha Ti Mélia . A carne de cachena é, naturalmente, o prato estrela, pero toda a cociña do alto Minho é excelente: o cabrito, os arroces (famoso é o de sarrabulho), a feijoada, o cocido, os rojoes á minhota… e de peixes, a lamprea e o bacalhau en todas a súas formas e, por suposto, o viño verde e os doces conventuais como o bolo de mel ou os charutos de ovos.

A pequena aldea de Padrão

O río Vez

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades do 23 ao 29 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 21, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 16 ao 22 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 15, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 9 ao 15 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 8, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 2 ao 8 de Maio 2022 en Pontevedra
by Ana | Maio 1, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 25 de Abril ao 1 de Maio 2022
by Ana | Abril 24, 2022 | Actividades | 0 Comments
Encadernación Viñas por Peque González Nóvoa
by Peque | Maio 21, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
José Rivas Fontán por José Cerdeira Soto
by Jose Cerdeira | Maio 8, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luisa Vázquez Calvo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 17, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Nito Santiago Moreira por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 3, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Manuel Morgade Ríos por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Pilar Braga Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 27, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
O violín de Ingres por Xosé Antonio Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Maio 22, 2022 | Fotográficas | 0 Comments
Os cedros do Líbano por Xoán Bernádez Vilar
by Colaborador | Maio 22, 2022 | Articulos | 0 Comments
Encadernación Viñas por Peque González Nóvoa
by Peque | Maio 21, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
La soledad de Vicente Méndez -devellabella-
by Colaborador | Maio 21, 2022 | Literarias | 0 Comments
Florencio Delgado Gurriarán por Manuel Lastra
by Manuel Lastra | Maio 16, 2022 | Literarias | 0 Comments