Viaxe de 5 días por A Coruña 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE DE 5 DÍAS POR A CORUÑA NO ANO 202                                      (PRIMEIRA PARTE)     

 Tiñamos ganas de volver a ver certos lugares de Galicia nos que xa estiveramos tempo atrás e de coñecer outros que aínda non viramos, despois de meditalo e consultar un pouco nos mapas, decidimos que iamos percorrer os pobos e vilas do noroeste galego que nos dera tempo de ver en nove días… Como lugar de saída o primeiro día sería Pontevedra, os días seguintes dende A Coruña desprazariámonos ata onde tiveramos estudiada a ruta con posibilidades de variala en calquera momento que nos apetecera. A realidade non foi exactamente o que tiñamos proxectado… anque coa historia da pandemia que estabamos pasando xa sabíamos, que ao mellor, non nos ía saír a cousa tan ben como pensabamos…

O martes día catorce de xullo, a iso das nove e media da mañá, puñémonos en marcha collendo a AP-9 en Pontevedra e saíndo en Padrón, entre as provincias de A Coruña e Pontevedra, non fomos pola estrada nacional porque coñecemos os pobos que hai nela dende hai moitos anos e non queriamos perder tempo. Percorrer os pouco máis de corenta quilómetros de distancia levounos unha media hora.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Noia
A sementeira
Fervenza de Ézaro
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Viaxe por España 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥