Viaxe de 5 días por A Coruña 2ª parte
Manolo Gulías MárquezVIAXE DE 5 DÍAS POR A CORUÑA NO ANO 2020
(Segunda PARTE)
Levantados de novo, por non repetir na cafetería Manhattan, fomos almorzar algo á cafetería A Dorna tamén na Praza de Pontevedra, antes de poñernos en marcha cara o noso primeiro destino.
Cos anos que leva feita, o que está feito pois parece que non rematou de todo, aínda non viramos a Cidade da Cultura no monte Gaiás de Santiago de Compostela e alá fomos, ás dez da mañá tiñamos o coche ben colocado nunha praza do aparcamento da Cidade da Cultura.
Subimos unha rampa moi ben enlousada e aí comezou a nosa visita. Un panel coas indicacións do que nos esperaba estaba á entrada do recinto.
Este complexo, deseñado polo gran arquitecto norteamericano Peter Eisenman, consiste nun conxunto de edificacións e lugares ao aire libre sorprendente no que é a arquitectura contemporánea, anque nós, polo que vimos, na hora pasada que botamos alí mirando todo o que puidemos mirar, sospeitamos que a utilidade de todo aquelo, posto nunha báscula, co precio no outro platiño, non debe compensar moito… pareceunos que podía haber moito onde gastar tanto carto no lugar de facer isto, pero feito está…
Paralizada a construcción no ano 2013, dous edificios dos proxectados, o Teatro da Ópera e o Centro de Arte Internacional, non chegaron a construirse. No seu lugar construiuse o Edificio Fontán en homenaxe ao xeógrafo Domingo Fontán do arquitecto Andrés Perea, en obras cando nós o contemplamos, onde se instalarán os servicios compartidos das tres universidades galegas.
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa
Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.
Viaxe por A Coruña 1ª parte
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥