De Jaca a Pontevedra

RUTA FEITA NO MES DE XULLO DO ANO 2019

Tiñamos pensado ir para Huesca pero como hai poucos quilómetros e se chega pronto, levantámonos cedo, a iso das sete da mañá, e puxemos rumbo á cidade francesa de Lourdes, calculamos que nos podía levar dúas horas e media pero foron case tres as que tardamos ata ter o coche aparcado na rúa Sainte Marie diante do hotel Irlande. Fomos pola estrada E-7 e pasamos polo lado dunhas covas que xa visitaramos cando a miña muller botara unha semana en Jaca cando eu facía o servicio militar, as covas de Las Güixas, daquela tiveramos que levar un candil de carburo na man para poder ver algo, logo pasamos polo lado de Canfranc que ten unha estación de ferrocarril incrible pero como tamén xa a viramos non nos desviamos do noso camiño, tamén pasamos de lado Candanchú coas súa famosa pista de esquí, onde tamén xa estiveramos, porque antes de chegar metémonos no gran túnel de Somport que une España e Francia, inaugurado en xaneiro do ano 2003 ten unha lonxitude de 8608 metros, do lado francés a estrada é peor que do lado español e ao principio con moitas curvas, logo rodeamos a cidade de Pau e seguimos ata Lourdes.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Gruta Iris
Huesca
Navarra
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Exipto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥