O QUE NOS CONTA MONTSE:
“Filomena”
Óleo sobre lenzo 65x54cm.
Reprodución do orixinal (Centro Georges Pompidou, París) de Sonia Delaunay (1885-1979), pintora francesa nacida en Ucraína. É unha das mulleres máis destacadas no período das Vangardas, pertence á Escola de París. Tiña influencia do Expresionismo alemán, de Vincent van Gogh e de Paul Gauguin, eles mostráronlle o poder das cores. Admiraba o “Fauvismo” de Henri Matisse. Era unha mestra da cor do século XX. Debido á paixón que sentía por ela, chegou a afirmar que “a cor é a pel do mundo”. Era á cor ao que se quería dedicar.
Na obra observamos o retrato de Filomena diante dun fondo floral. Como muller forte, veste de vermello, esta cor viva ocupa a maior parte do cadro. A súa faciana case semella unha máscara. A grande parte do conxunto floral tamén posúe a cor vermella que, xunto cos verdes e azuis, destaca sobre esa base alaranxada.
A enerxía que nos transmite “Filomena” é enorme.


Notas biográficas da autora:
Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.
Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que pouco despois conseguiu o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a docencia ata a súa xubilación no 2007.
Ao xubilarse puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.
máis artigos
Actividades do 23 ao 29 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 21, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 16 ao 22 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 15, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 9 ao 15 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 8, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 2 ao 8 de Maio 2022 en Pontevedra
by Ana | Maio 1, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 25 de Abril ao 1 de Maio 2022
by Ana | Abril 24, 2022 | Actividades | 0 Comments
Encadernación Viñas por Peque González Nóvoa
by Peque | Maio 21, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
José Rivas Fontán por José Cerdeira Soto
by Jose Cerdeira | Maio 8, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luisa Vázquez Calvo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 17, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Nito Santiago Moreira por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 3, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Manuel Morgade Ríos por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Pilar Braga Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 27, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
O violín de Ingres por Xosé Antonio Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Maio 22, 2022 | Fotográficas | 0 Comments
Os cedros do Líbano por Xoán Bernádez Vilar
by Colaborador | Maio 22, 2022 | Articulos | 0 Comments
La soledad de Vicente Méndez -devellabella-
by Colaborador | Maio 21, 2022 | Literarias | 0 Comments
Florencio Delgado Gurriarán por Manuel Lastra
by Manuel Lastra | Maio 16, 2022 | Literarias | 0 Comments