Bristol e Bath

Ana Santos Solla

Esta era unha viaxe moi ansiada por nós. Adriana e mais eu levabamos meses preparándoa, pero os prezos dos voos e o verán fixeron que a pospuxeramos ata outubro cando atopamos un voo de Easy jet de ida e volta dende Porto a Bristol por 55 euros.

Deixamos o coche no estacionamento do aeroporto luso e embarcamos. Non pagaramos nada pola equipaxe e aínda que levabamos maletas similares a Adriana parárona e fixéronlle pagar 60 euros aducindo que a súa non era das medidas regulamentarias.

Chegamos a Bristol ás 23:00. Chovía moitísimo e non había paraugas que tapara. Soubemos que a compañía Air Decker  tiña buses cada hora ata Bath e collemos o das 00:00. Custou 16 libras e tardou case unha hora en chegar. O condutor, moi amable, ao ver que chovía tanto e que non había taxis na estación acercounos ao centro a unha parada desde a que por 5 libras chegamos á nosa casiña que apenas estaba a 500 metros.

A nosa habitación estaba na White Guest house , unha coqueta casa con xardín rexentada por Steve onde non faltaba de nada; tiñamos para almorzar zume, iogures, cereais, té e café e un montón de bolería. Pagamos 110 euros por noite.

Venres 13 de outubro 2023: Bath. Excursión polos Cotswold

Tiñamos contratada unha excursión con Madmax tours pola campiña inglesa para coñecer as vilas e aldeas máis bonitas desa zona. Pagamos 88,65 Euros cada unha desde as 8:30 da mañá ata as 17:30 da tarde nun autocar para 16 persoas. O noso guía, Tim Stuckes, facía tamén de condutor e íanos contando en inglés as características do lugar que iamos visitar e logo explicaba nas paradas a súa historia mentras dabamos un agradable paseo.

A primeira parada foi en Castle Combe considerada a segunda vila máis bonita do Reino Unido segundo The Times. Ao longo dunha rúa sucedíanse unhas casas cunhas chemineas enormes. Ao final había un cruceiro cuberto que marcaba a intersección de tres rúas onde se facía o mercado, privilexio concedido á vila no século XIV.

Ler máis

Bansky
Abadía de Mamlmesbury
Termas de Bath
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Arxentina

Viaxe a Normandía, Vernon, Giverny, Rouen

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥