Seleccionar página

por Luis Pereiro

«A uns escasos 30 km de Pontevedra, na parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, está a aldea vella de Vichocuntín. Como outros moitos lugares parece ser que se foi abandoando na segunda metade do século XIX coa apertura da estrada a Ourense. Os seus habitantes foron instalándose cara as beiras do Lérez.  

Na actualidade quedan os restos dun gran hórreo, dun pombal e polo menos de 6 casas algunhas incluso de dúas plantas, así como múltiples valados en toda a zona. 

O lugar chama a atención porque é un auténtico museo etnográfico de cómo eran as aldeas nesa época e por estar completamente invadido por unha frondosa vexetación que ata hai pouco impedía o acceso e permitiu que os restos quedasen ocultos durante décadas sen máis danos que os producidos polo paso do tempo».

Enlace ao Blog de Luis Pereiro

máis artigos

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

Do 26 de abril ao 2 de maio

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español