por Antonio Lois Pérez

 ” A Nai “

Choraches cando marchei.

Choraches cando volvín.

Souben porqué chorabas o día que te perdín.

Que lonxe queda no tempo

aquil día en que te vin,

e, cando de ti me lembro,

que cerquiña estás de min.

Non chores máis, miña nai,

xa non chores máis naiciña,

que eu estou ó teu carón

e ti a miña beiriña.

Vendo, os dous, pasar o Miño

baixo da nosa ribeira,

escoitamos o ruxido

das súas vellas cachoeiras.

Non chores máis,miña nai,

que, ainda que me atope lexos,

ti estás ao meu carón

e eu de ti estou moi preto.

                     Antonio Lois

Antonio Lois pérez

Antonio Lois pérez

Economista

Nacín un día 4 do  mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo). Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles. Actualmente vivo en Barcelona.

Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado! Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.  Non hai moito máis que contar de unha  vida moi vulgar!

Son do Castro de Mourelos; onde mellor se ve o Miño, onde mellor se ve o ceo; onde, ulindo ó seu vento, eu xa sei se vai chover. ¡Que pena que non estén aqueles que eu amei; que pena que xa non vexa o Castro que eu deixei! A pesar de todo eso; ou pode sexa por eso, do Castro sempre serei

Historia de vida

A Galiza do emigrante

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥