
“Vivir no multilingüismo”
23
Luns/Outubro
Encontro con Isaac Xubin.
A aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o coloquio Vivir no multilingüismo, un encontro co escritor e tradutor Isaac Xubín, que compartirá as súas experiencias respecto do uso cotián das linguas. Trátase dunha actividade promovida pola Comisión PEA-Unesco da facultade e o grupo de innovación docente MeReLing.
Ás 10:00 horas
Aula 1, FCCED, Pontevedra

“Lyra”
23
Luns/Outubro
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Lyra (2022), un documental no que Alison Millar indaga nos motivos da morte de Lyra McKee, unha xornalista de investigación e activista LGTBIQ+ que en 2019 foi asasinada na cidade irlandesa de Derry polo novo IRA.
Entrada de balde
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Ten”
23
Luns/Outubro
Dez breves historias, dez encontros dunha muller divorciada que se despraza en coche por Teherán. A cámara, fixa na parte dianteira do coche, mostra as pasaxeiras nun sinxelo xogo de plano e contraplano. Nalgún momento, ao lonxe, xorde a voráxine da cidade. Traxectos dunha densidade abrumadora que describen indirecta pero prolixamente o mundo que as rodea fóra do vehículo.
Nominada á Palma de Ouro en Cannes 2022
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Deseño Web dende unha ollada feminista”
24
Martes/Outubro
Deseño Web dende unha ollada feminista
O seminario 17 da Facultade de Comunicación acolle unha nova conferencia do ciclo A fenda de xénero dixital: construíndo a internet e as relacións sociais dende o empoderamento feminino, promovido pola Unidade de Igualdade da UVigo e o grupo de innovación docente Academ-IA (Intelixencias Artificiais en Educación), co apoio da facultade.
Aberto ao público, o ciclo acolle nesta xornada o taller Deseño web dende unha ollada feminista, a cargo de Sabela Muñiz, coorganizadora da WordCamp Pontevedra
Ás 12:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra

“Filosofar onte e hoxe”
24
Martes/Outubro
O Ateneo de Pontevedra organiza dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Filosofar en tempos de Platón e filosofar hoxe, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 24 de outubro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Ás 19:30 horas
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Pontevedra

“Lazzaro Felice”
24
Martes/Outubro
LAZZARO FELICE Alice Rohrwacher, 2018, Italia, 125 min., VOSE Lingua: italiano
Lazzaro, un rapaz labrego de excepcional bondade, vive en La Inviolata, unha aldea que ficou afastada do mundo e é controlada pola Marquesa Alfonsina de Luna. Alí, a vida dos campesiños non mudou nada: son explotados e, á súa vez, abusan da bondade de Lazzaro. Un verán, faise amigo de Tancredi, o fillo da Marquesa. Entre eles xorde unha amizade tan preciosa que fará viaxar a Lazzaro a través do tempo.
Mellor Guión ex-aequo en Cannes 2018
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Cociñeiras con talento”
25
Mércores/Outubro
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro” Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia”, de Xavier Castro, publicado pola Transforma Editores.
Ás 19:30 horas
Salón Nobre do Liceo Casino, Pontevedra

“Memoria(s)”
25
Mércores/Outubro
Café de cine
Memoria(s)
O martes 24 de outubro no café de cine recitan Elisabeth Oliveira e Alfonso Cuadros, coa participación especial de Gustavo Almeida
Ás 20:00 horas
Café de cine Rúa San Antoniño 1, Pontevedra

“Lulu on the bridge”
25
Mércores/Outubro
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o XIX Brumario Poético, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de cine en torno ó mito de “Pandora”. proxección do Film: Lulu on the bridge Direc.: Paul Auster
Estados Unidos, 1998. Dirección e Guión: Paul Auster. Fotografía: Alik Sakharov. Música: Graeme Revell. Duración: 103 m
Reparto: Harvel Keitel, Mira Sorvino, Willem Dafoe, Gina Gershon, Mandy Patinkin, Vanessa Redgrave
Sinopse Un famoso saxofonista resulta ferido nun tiroteo ocorrido no local onde tocaba. A partir dese momento, incapacitado para tocar o saxo de novo, cae nunha gran depresión e perde as ganas de vivir e de relacionarse coa xente. Pero un día descobre unha misteriosa pedra…
Ás 20:00 horas
Sala VerSus , rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra

“Lontreira”
25
Mércores/Outubro
Vicerreitoria do Campus de Pontevedra
Concerto de Lontreira
No marco do ciclo Músicas para reCREAr, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove, coa colaboración do Concello, un concerto do grupo Lontreira no Teatro Principal, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Apertura de portas ás 20.30 horas.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Rompendo estereotipos”
26
Xoves/Outubro
Conferencia ‘Protocolo e xénero: rompendo estereotipos e construíndo igualdade’
O seminario 13 da Facultade de Comunicación acolle unha nova conferencia do ciclo A fenda de xénero dixital: construíndo a internet e as relacións sociais dende o empoderamento feminino, promovido pola Unidade de Igualdade da UVigo e o grupo de innovación docente Academ-IA (Intelixencias Artificiais en Educación), co apoio da facultade.
Aberto ao público, o ciclo acolle nesta xornada a conferencia Protocolo e xénero: rompendo estereotipos e construíndo igualdade, a cargo da xefa do Servizo de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra, Rebeca Domínguez
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra

“70º Norte”
26
Xoves/Outubro
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:30 horas
Café Bizarro, club naval, Pontevedra

“Arraíanos”
26
Xoves/Outubro
Teatro principal
Ponteatro “Arraianos” de Sarabela Teatro
Na fronteira, liña invisíbel entre a Galiza interior e o norte de Portugal; de brétema, choiva, neve onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. Entre o misterio e os impulsos da terra. Entre o ser humano e as forzas da natureza. Entre o poético e o mítico, alén da xeografía. No límite da fantasía.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Fotografía”
27
Venres/Outubro
Dirixidas a achegar o alumnado do campus á realidade profesional en diferentes sectores, o Campus Crea promove, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da UVigo, as Conversas Empresa Universidade. Nela participan os fotógrafos Gabriel Mar, Susana Ríos e Bea Císcar, xunto co director do centro de impresión Imprimeverde, Daniel Rodríguez, e o director adxunto da axencia de publicidade Ecovigo, Carlos Prado.
Por motivos da capacidade da sala, a conversa require de inscrición previa, a través do correo xes.crea@uvigo.gal.
De 11:00 a 13:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“O ceo sobre Berlín”
27
Venres/Outubro
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de O ceo sobre Berlin (1987), de Wim Wenders nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Ana Cabaleiro”
27
Venres/Outubro
O venres 27 de outubro tomaremos un vermú entre libros ‘á la italiana‘ (é dicir, pola tarde) para celebrar o novo libro de Ana Cabaleiro editado por XERAIS. Estará acompañada de Carme Fouces Díaz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Boyse-Zunzún”
27
Venres/Outubro
Mentres preparamos o noso novo espazo imos tentar facer algúns encontros puntuais alí onde se abran as portas
Damos comezo nun espazo ben coñecido, o salón de actos do edificio sindical, cun par de concertos: os checos Boyse e os Zunzún da casa.
Ás 20:00 horas
Edificio sindical, rúa Pasantería 1, Pontevedra

“El laberinto”
27
Venres/Outubro
Teatro principal
“Teatro Degaro” representa el retablo poético “El Laberinto”, de Ana Corzo
Dentro da programación do XIX Brumario Poético, organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra, o Grupo de Teatro DEGARO ten a satisfacción de convidarlle á próxima estrea que terá lugar, o 27 de outubro no Teatro Principal de Pontevedra, ás 20:15 horas.
DEGARO nesta ocasión dará vida a “O LABIRINTO”, unha obra poética da artista multidisciplinar Ana Corzo e levada a escena por ela mesma. Como Ana di, faremos unha viaxe cara ao encontro dun mesmo, unha viaxe distinta cara a lugares descoñecidos, unha viaxe íntima que nos achega aos demais e que nos leva a comprender a ilusión do que denominamos “realidade”. Para ela, a Poesía escénica e a Música, son os vehículos activos na nova frecuencia do cambio e a evolución. Entrada gratuita ata completar aforo.
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Os días afogados”
27
Venres/Outubro
Nesta primeira sessom projetará-se “Os dias afogados” umha história de amor pola terra e um berro de dignidade e afouteza e experimentaremos pizza a pedra, qual é a tua preferida?
Documental de César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero
Entrada de balde
Ás 20:30 horas
Rúa Serra 36, Pontevedra

“Outubrofest”
27-1
Venres a Mércores/Outubro
Xa chega a Outubrofest do Pontevedra Rugby Club
Todo o día
Praza de España, Pontevedra

“Laura Villar”
28
Sábado/Outubro
Este sábado, se estades por Pontevedra, non perdades a ocasión de escoitar a Laura Villar, que presenta na libraría Metáfora o seu último poemario.
A autora estará acompañada por Tamara Andrés
Ás 12:30 horas
Librería Metáfora, rúa Charino 9, Pontevedra

“O futuro da lingua”
28
Sábado/Outubro
Teatro principal
Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións… Ideas!
LGx15 é un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.
Interveñen: Carlos Airas, Paco Veiga, Magdalena Sánchez, Kiko Dasilva e Fran da Lobeira.
Presenta Neves Rodríguez, Música Xiao Berlai
De 19:00 a 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Superficies”
20
Venres/Outubro
Deputación de Pontevedra
O artista Alberto Pena ofrece desde este venres 20 de outubro e ata o domingo 5 de novembro a mostra “Superficies” no palacete das Mendoza. Nesta exposición, o creador intervén a sala da sede de Turismo Rías Baixas de Pontevedra coas súas instalacións. Trátanse de pezas pintadas sobre as teas empregadas para controlar a maleza tecidas con polipropileno que representan “superficies non compactas e sen bordo; son formas de relevo, como formacións montañosas, chairas e depresións”
De luns a venres, de 9:00 a 20:00 horas; os sábados e festivos o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; e os domingos, de 10:00 a 14:00 horas
Do 20 de outubro ao 5 de Novembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra

“Sempre máis”
6
Venres/Outubro
Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige
Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.
Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra

“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Trilitrate”
31
Martes/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
“A man tendida de fogo e ritmo ”
Recital poético-musical. Antoloxía poética das comunidades negras
Grupo Trilitate: Elena Vázquez, Marcos Padrón e Rubén Abad
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Sibaris”
3 – 4
Venres,Sábado/Novembro
Sibaris Sede Afundación Pontevedra 3 e 4 novembro ás 20:30
Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.
Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.
A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Lagartija Nick”
4
Sábado/Novembro
Teatro principal Pontevedra
CICLO MATINÉS DO PRINCIPAL – LAGARTIJA NICK
En esencia, a carreira de Lagartija Nick pódese definir con ese aforismo de Val del Omar: «Quen ama, queima. E o que arde voa á velocidade da luz. A banda de Antonio Arias desenvolveu unha carreira tan brillante como temeraria. Suicidáronse varias veces. E sempre cando as cousas lles ían ben. Abrazaron os extremos con paixón. Pisaron o acelerador contra a parede para subir co impacto. En 1991, o grupo, completado con Eric Jiménez na batería e o guitarrista Juan Codorniú, puxo as bases da súa linguaxe en Hipnosis, un dos discos de estrea máis emocionantes do rock español. Tensión electrificada. Vicio e paranoia na voz-pregón de Antonio Arias. Descargas de punk-rock artie, visionario e anfetamina. Ambientes futuristas. Flashes inquietantes.
Ás 13:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Sinte”
4
Sábado/Novembro
“Respira, síntete, escoitate, exprésate, disfrútate“
De 17:30 a 20:30 horas
Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥