
“A arqueoloxía da arquitectura…”
25
Luns/Setembro
No marco do curso de extensión universitaria O estudo interdisciplinar das construcións históricas. Arqueoloxía da arquitectura, historia da arte e documentación histórica, a igrexa do convento de Santa Clara acolle unha conferencia do arqueólogo e catedrático da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) Agustín Azkarate, titulada A Arqueoloxía da Arquitectura, unha oportunidade para a innovación en Patrimonio e Paisaxes Culturais. Aberta ao público, a conferencia do que foi director científico do plan de renovación da Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, insírese nas actividades dun curso promovido polas universidades de Vigo e Minho, coa colaboración da Deputación Provincial, do Museo de Pontevedra e da empresa A Citanía Arqueoloxía.
Ás 19:00 horas
Igrexa de Santa Clara, Pontevedra

“Taller teatro”
25-28
Luns a venres/Setembro
Taller de teatro para adultos impartido por Manuel Solla.
Inscrición a partir do 18 de setembro.
Actividade de balde
De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra

“Remando a la deriva”
25
Luns/Setembro
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Remando a la deriva (2023), un documental de Sarvnik Kaur que afonda nos efectos do cambio climático na actividade pesqueira a través da historia de dous pescadores de Bombay.
Entrada de balde
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“E a vida continúa”
25
Luns/Setembro
E A VIDA CONTINÚA Abbas Kiarostami, 1992, Irán, 125 min., VOSE Lingua: persa
Despois do terremoto de 1990, Kiarostami regresou á vila de Koker onde uns anos antes gravara Onde está a casa do meu amigo? Combinando ficción e realidade nunha road movie lúdica e conmovedora, o filme segue ao suposto director de Onde está a casa…? (alter ego do propio Kiarostami) para descubrir se a estrela do seu filme está entre os superviventes. Alí atopa unha comunidade resiliente que se enfronta á traxedia mentres o axuda na súa viaxe.
O filme competiu na sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 1992, onde obtivo unha magnífica acollida por parte da crítica, así como o honorífico Premio Rossellini.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Programa formativo”
26
Martes/Setembro
A Vicerreitoría do campus acolle o acto de apertura do curso Como captar financiamento europeo para a túa empresa, que a Universidade de Vigo promove xunto coa Deputación de Pontevedra, e no que persoal de máis dunha trintena de empresas da provincia podrá ampliar os seus coñecementos sobre os mecanismos de financiamento europeo e as convocatorias e programas impulsados pola UE.
Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación; María Ramallo, deputada de Fondos Europeos da Deputación de Pontevedra, e Eva Garea, directora da Oficina de Proxectos Internacionais de Educación da UVigo.
Ás 16:00 horas
Igrexa de Santa Clara, Pontevedra

“Ansiedade e relaxación”
26
Martes/Setembro
Taller de ansiedade e relaxación. Aprende a relaxarte para vivir mellor.
Actividade de gratuita
Ás 17:00 horas
Rúa Padre Martin Gaite 5, Pontevedra

“Yamila Transtenvot”
26
Martes/Setembro
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Godland”
26
Martes/Setembro
GODLAND Hlynur Pálmason, 2022, Dinamarca, 143 min., VOSE Lingua: danés e islandés
A finais do século XIX, un mozo sacerdote danés que viaxa a Islandia (aínda colonia danesa) coa misión de construír unha igrexa e fotografar os seus habitantes. Pero, canto máis se interna naquela implacable paisaxe, máis se sume nas ansias da tentación e do pecado.
«Impresionante na súa escala épica, magnífica na súa comprensión da paisaxe, penetrantemente incómoda na súa intimidade e severidade humana» (The Guardian). Obrigado vela en pantalla grande
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Analía Segal”
27
Mércores/Setembro
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
No marco dos seus Encuentros de Interacción Gráfica, o grupo dx5 (digital & graphic art research) da Facultade de Belas Artes promove un encontro coa artista e investigadora Analia Segal, profesora da escola de arte do Pratt Institute de Nova York.
Coordinado pola profesora Ana Soler, o encontro conta con acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Ás 12:30 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Taller de ansiedade e xestión do estrés”
27
Mércores/Setembro
Presentación TALLER DE XESTIÓN DO ESTRÉS E DA ANSIEDADE
O próximo mércores día 27 de setembro ás 16:00h terá lugar un taller de xestión do estrés e da ansiedade, coa psicóloga de Federación Alcer Galicia, Patricia Casal.
Terá lugar no Salón de Actos do Edificio Azul da Xunta de Galicia, na Rúa Benito Corbal (entrada por Javier Puig Llamas nº1), en Pontevedra
Podes apuntarte no 693 714 005
Ás 16:00 horas
Rúa Javier Puig nº 1, salón de actos Pontevedra

“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

“Conversas”
28
Xoves/Setembro
O espazo 13 da Facultade de Belas Artes acolle a cuarta edición de Conversas arredor da performance, un ciclo que busca promover unha reflexión sobre diferentes temáticas vinculadas á arte de acción. A sesión conta coa participación dos artistas María Roja e Julio Fernández Peláez, que manterán un coloquio co profesor da Facultade de Belas Artes Carlos Tejo.
Trátase dunha actividade con prazas limitadas, con reserva no correo carlos.tejo@uvigo.es.
Ás 18:00 horas
Espazo 13, Belas Artes, Pontevedra

“Chile”
28
Xoves/Setembro
Ás 19:30 horas
Casa das Campás Pontevedra

“Ponte-Up Store”
29-30
Venres,Sábado/Setembro
Pont-Up Store 2023
Pont-Up Store, o encontro do emprendemento promovido polo Campus Crea da Universidade de Vigo, e o Concello de Pontevedra como patrocinador principal, desenvolve os días 29 e 30 de setembro a súa décima edición. Ao longo destas dúas xornadas, máis de 30 novas empresas dan a coñecer os seus produtos e servizos no recinto instalado na praza de España, no marco dun encontro que se completa cun programa de actividades en diferentes puntos da cidade.
Ás 12:00 horas
Praza de España, Pontevedra

“España no ocaso do século XIX”
29
Venres/Setembro
Charla/coloquio: España no ocaso do século XIX e o camiño hacia a guerra civil do 1936. Análisis histórico dunha época. Feitos e consecuencias
JOAQUÍN RIVERA CHAMORRO
Militar de profesión durante máis de 30 anos. Oficial do exército español del arma de Ingenieros, desplegou en 8 ocasións misions no exterior: Bosnia, Kosovo, Líbano e Afganistán, todas elas en periodos de entre 5 e 7 meses.
Máster oficial en Paz, Seguridade e Defensa polo Instituto Universitario Gutiérrez Mellado.
Actualmente é doctorando de Seguridade Internacional polo mesmo centro, na rama de Historia Militar e das Relacions Internacionais, elaborando unha tesis doctoral sobre a correlación entre militarismo e nacionalismo catalán en España, entre 1876 e 1936.
matricula on line gratuita
De 18:00 a 20:00 horas
Centro asociado UNED, Pontevedra

“Santiago Valenzuela”
29
Venres/Setembro
Visitannos Santiago Valenzuela e o seu Capitán Torrezno!!!
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Proxecto Lar”
29
Venres/Setembro
Que é o fogar? a patria dos nosos pais e avós? o sitio onde crecemos? os nosos hábitos e costumes? o lugar onde podemos prosperar?
Cal é a importancia da memoria na nosa concepción do fogar? como nos afecta a dor dos nosos antepasados que deberon deixar o seu? O fogar é estable ou é algo que levamos connosco? Terra firme, pedra, raíces; ou eterno peregrinar entre as múltiples capas que nos van conformando. Cada persoa terá as súas propias respostas ou -mellor aínda- novas preguntas. Talvez, entre todas e todos, podamos construír novas formas de habitar, de compartir, de xerar espazos integradores.
Sibila e Silvana dúas artistas visuais teñen a resposta a esas dúbidas en forma de arte
Ás 20:00 horas
Bar La Hormiga, Campillo Sta María, Pontevedra

“MJ Pérez+Ravelo”
29
Venres/Setembro
MJ PÉREZ + O RABELO
MJ Pérez e O Rabelo darán comezo á terceira edición do Guerrilla 2023.
Dúas figuras clave para entender as reivindicacións de xénero e diversidade afectivo sexual da música galega actual. As butacas do Teatro Principal de Pontevedra mergullanse nun ambiente festivo, inmersivo, animado e ante todo reivindicativo.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Eneagrama”
30
Sábado/Setembro
Descubre a tua personalidade a través do Eneagrama.
Taller impartido por Iria Figueroa psicóloga e coach .
Inscrición iriafigueroagarcia@gmail.com ou 661 025 660
Reserva a túa praza
De 10:30 a 13:30 horas
Galerías oliva 15 /2bis Pontevedra

“Olatz Gorrotxategi”
30
Sábado/Setembro
MERDA DE CIUDAD, la historia del rock radical vasco
A directora Olatz Gorrotxategi achéganos “Mierda de Ciudad” a Pontevedra. Unha peza teatral que fala da música e da vida dunha xeración que busca o seu lugar. Un western musical sobre o auxe e a caída do rock radical vasco.
A obra é un percorrido polas principais reivindicacións dos anos oitenta: a insumisión, o movemento antinuclear, o dereito ao aborto, etc. Unha historia contada en primeira persoa por tres intérpretes e tres artistas colaterais.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“PonteAndada Lérez, Verducido e Alba”
1
Domingo/Outubro
O vindeiro 1 de Outubro…. Domingo, retomamos as rutas Ponteandadas organizadas polo Concello de Pontevedra co a PONTEXTREM e MINIXTREM son 2 rutas simultáneas de 25k e 13 km… xa podedes inscribirvos (datos no cartel) para máis información no Telf. 625482636
Ás 08:30 e ás 10:00 horas
Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra

“Tales de Mileto”
22
Venres/Setembro
Exposición no Palacete das Mendoza da Asociación Tales de Mileto
Tales de Mileto, desde a súa creación, vinculan valores humanitarios fortalecendo a incorporación dos máis desfavorecidos, utilizando as artes en todas as súas interpretacións, como ferramenta, para provocar esa rebeldía cultural que proporciona o crecemento humano. Na súa misión principal, está ben definida, busca doantes e beneficiarios, para envorcalo á axuda humanitaria, utilizando as ferramentas da arte para desenvolver proxectos, que sexan vangardistas e xeren unha vertente de cambio cultural, de integración e de paz.
Ata o 8 de outubro
Palacete das Mendoza, Pontevedra

“Siendo”
18
Luns/Setembro
A mostra “Siendo” do artista Anxo Rodríguez Ramos inaugurará este próximo luns 18 de setembro, ás 19:30 horas, a tempada expositiva da galería Musart de Pontevedra.
Poderá visitarse ata o 29 de setembro en horario matinal, de 10:30 a 13:30 horas. O artista pintará en directo unha obra na inauguración.
Anxo Rodríguez Ramos, nacido na Coruña, é un estudante da Facultade de Belas Artes.
Dedícase sobre todo á pintura e ao debuxo aínda que tamén fai pequenos proxectos no ámbito musical, xa que ten un grupo onde é o batería: Martes mal.
Do 19 ao 29 de setembro
Galeria Musart, rúa Herreros 28, Pontevedra

“O espazo entre as cousas”
13
Xoves/Xullo
A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.
Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.
Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao
Xa podes anotarte

“Leo Bassi”
5
Xoves/Outubro
70 anos pasan rápido. Que llo digan a Leo Bassi.
O irreverente clown mundialmente recoñecido bota a vista atrás e fai balance da súa traxectoria sobre as táboas. Un espectáculo que pon o foco no edadismo e esixe que se respecte a vellez, as experiencias e a acumulación de coñecementos. Unha nova ocasión na que este persoeiro do humor internacional reivindica a risa como ferramenta de reflexión social e o acto teatral como un ritual.
Leo Bassi, a través da súa memoria, descobrenos que hai que volver ao humanismo e aos instintos. Asómbrase da súa enerxía, asumo a súa responsabilidade como chamán e bufón, axitador de emocións que reivindica a risa como unha das grandes forzas da existencia e raíz existencial do seu desexo de provocar. O humor como reflexión da sociedade e o acto teatral como un ritual”.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“A singer of songs”
6
Venres/Outubro
OA Singer of Songs é o alter ego de Lieven Scheerlinck, un belga que vive en Barcelona desde hai máis de 20 anos.
Desde 2008 publicou seis álbums de estudo e dous EP colaborativos con Tiny Ruins e Withered Hand. As súas cancións foron comparadas pola prensa con Sparklehorse, Iron & Wine, Vic Chesnutt e “copos de neve caendo a cámara lenta”.
O concerto é de balde e ten acceso limitado, polo que é necesario reservar praza previamente, escribindo a reservas.museo@depo.gal antes do 6 de outubro. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e é necesario indicar un número de teléfono.
Lieven Scheerlinck publicou esta primavera o seu primeiro libro, titulado Dulce derrota e editado polo selo discográfico Son Canciones, do que é cofundador.
Ás 19:30 horas
Igrexa de Santa Clara, Pontevedra

“Mercedes Peón”
7
Sábado/Outubro
Mercedes Peón con Osmose
Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Comprometida e loitadora, non podía faltar nesta programación.
Achégase a Pontevedra cunha obra moi vinculada á nosa historia: Osmose, que ten como protagonistas ás traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas. Un diálogo colectivo a través das imaxes do seu arquivo persoal xunto co traballo visual da ferrolá Peque Varela, o relato fílmico da película Nación, de Margarita Ledo Andión, e a arquitectura lumínica de Laura Iturralde.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“II Concurso de tortilla”
7
Sábado/Outubro
Concurso de Tortilla de pataca española
Degustación ás 20:30 horas
Azucarillo, rúa José Adrio Barreiro nº 1, Pontevedra

“Corentena”
7
Sábado/Outubro
‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo
Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.
Ás 20:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“En marcha contra o cancro”
8
Domingo/Outubro
A V edición da nosa Marcha Contra o Cancro encherá as rúas de Pontevedra para reforzar o noso compromiso para que os resultados da investigación cheguen antes ao paciente e que @s investigadores conten cos mesmos recursos que no resto de países europeos.
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥