
“Creatividade publicitaria”
30
Luns/Novembro
Dirixidas a achegar o alumnado do campus á realidade profesional en diferentes sectores, o Campus Crea promove, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da UVigo, as Conversas Empresa Universidade. Nesta xornada, a Facultade de Comunicación acolle, na súa planta baixa, un encontro centrado na creatividade, no que participan cinco profesionais que se formaron neste centro:
Noelia Estévez, Umá de Oliveira, Lidia Dosil, Irene García e Rafa Vázquez.
De 10:30 a 13:30 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra

“El holandés”
30
Luns/Outubro
INMA LÓPEZ SILVA PRESENTA A ELISA FERRER EN CRONOPIOS
O vindeiro luns día 30 ás 19:00 acolleremos a presentación do libro de Elisa Ferrer El holandés (Tusquets). A autora estará acompañada por Inma López Silva e comentarán a última novela da valenciana ambientada no Benidorm dos anos 80, onde un home cunha ambición desmedida estaba obsesionado con lucrarse coa venda do último solar dispoñible en primeira liña de mar facéndose pasar por quen non era. O acto estará aberto ao público ata completar aforo e os asistentes poderán participar coas súas preguntas e comentarios.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra

“Zoar-Rosalía Gómez”
30
Luns/Novembro
RICHARD STRAUSS: Till Eulenspiegel, op. 28 (versión de David Carp para piano y quinteto de viento)
POULENC: Sexteto para piano y quinteto de viento (1932)
FARRENC: Sexteto para piano y quinteto de viento en Do menor, op. 40
Zoar (quinteto de vento)
É un conxunto de cámara estable e activo que traballa dende 2009, está composto por cinco músicos: na frauta, Joan Ibáñez, no óboe, David Villa, no clarinete, Antonio Suárez, na trompa, Benjamín Iglesias, no fagot, Álex Salgueiro.
Rosalía Gómez Lasheras (piano)
Nada en 1994, comeza a súa formación pianística aos 5 anos. Posteriormente, estuda con Alan Weiss no Utrecht Conservatory (Bachelor Degree), e con Claudio Martínez Mehner na Hochschule für Musik Basel (Master Performance e Solistin Diplom).
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Outubrofest”
30,31,1
Luns, Martes e Mércores/Outubro
Xa chega a Outubrofest do Pontevedra Rugby Club
Todo o día
Praza de España, Pontevedra

“Trilitrate”
31
Martes/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
“A man tendida de fogo e ritmo ”
Recital poético-musical. Antoloxía poética das comunidades negras
Grupo Trilitate: Elena Vázquez, Marcos Padrón e Rubén Abad
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Cartografías de la música contemporánea”
1
Mércores/Novembro
Museo de Pontevedra
Presentación do libro Cartografías de la música contemporánea. Ensayo, crítica e interdisciplinariedad en los siglos XX Y XXI (EdictOràlia Música, 2023) coa presencia dos autores Paco Yáñez e Joan Gómez Alemany e do editor e director da colección EdictOràlia Música, o músico e escritor valenciano Josep Lluís Galiana.
A presentación rematará cunha sesión de improvisación libre a cargo de Joan Gómez Alemany, piano e Josep Lluís Galiana, saxofón soprano.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 12:00 horas
Edificio Castelao, Pontevedra

“Insumisas”
1
Mércores/Novembro
Fundación Cuña Casasbellas
“Insumisas. Mujeres en lucha en el Sáhara occidental”.
Organizada por la Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, con la colaboración de CGT y el Concello de Pontevedra, tenemos la satisfacción de invitarle a la presentación y proyección en el Teatro Principal de Pontevedra del film-documental “Insumisas. Mujeres en lucha en el Sáhara Occidental”.
Participación de directores del film, Laura Daudén y Miguel Ángel Herrera
En 2022, un grupo de mujeres produjeron el Informe “Que salga todo a la luz. Violaciones de derechos humanos de las mujeres en el Sáhara Occidental ocupado (1975-2021)” con 81 testimonios de violaciones de derechos humanos cometidas por las fuerzas marroquí.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Inma Otero”
2
Xoves/Novembro
O xoves 2 de novembro a escritora Inma Otero conversará do seu libro con Sara Vila
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Na boca do medo”
3
Venres/Novembro
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Na boca do medo (1994), de John Carpenter, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Miss Peregrin@s 2023″
3
Venres/Novembro
Granero Delmás
Inauguración da exposición de Pablo Vázquez García “Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, venres ás 19:15 horas no Granero Delmás nas galerias Oliva.
Máis información no teléfono 619 432 721
Ás 19:15 horas
Granero Delmás, Galerias Oliva, Pontevedra

“La importancia de llamarse Ernesto”
3
Venres/Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra
Un dos mellores bateristas da historia recente da música alternativa española, Ernesto Jiménez “Eric”, é o protagonista deste documental. O filme de César Martínez Herrada, conta a historia do músico granadino, especialmente recoñecido por ser o baterista dos grupos Los Planetas e Lagartija Nick (que actuará tamén no Principal ao día seguinte desta proxección), cos que gravou o popular disco Omega de Enrique Morente
Ás 19:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Talento e superación”
3
Venres/Novembro
Dirixida a achegar o alumnado exemplos de superación e motivación en diferentes ámbitos, a Casa das Campás acolle a mesa redonda Talento e superación. Comezar, chegar e continuar, promovida pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio do Consello Social da Universidade de Vigo. Este encontro contará coa participación do campión do mundo de triatlón de longa distancia Pablo Dapena, a directora dun centro de adestramento persoal e divulgadora científica Sara Tabares e o fundador de Reizentolo, Pablo Rodríguez, nun coloquio conducido polo fisioterapeuta e fundador de ClínicasON, Hugo Ogando.
Aberta a toda a cidadanía, será preciso realizar unha inscrición previa, enviando un correo electrónico a eventos@maiskexperiences.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. No caso das e dos integrantes da comunidade universitaria solicítase tamén un “documento xustificativo” da súa pertenza á UVigo, posto que terán preferencia na inscrición no caso de completarse a capacidade da sala.
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Sibaris”
3,4
Venres,Sábado/Novembro
Sibaris Sede Afundación Pontevedra 3 e 4 novembro ás 20:30
Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.
Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.
A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Ilustración científica”
4
Sábado/Novembro
Obradoiro gratuíto previa inscrición a partir do 26 de outubro
De 11:00 a 13:00 horas
Biblioteca Pública Antonio Odriozola, Pontevedra

“Mirafiori”
4
Sábado/Novembro
Presentación do libro de Manuel Jabois Mirafiori (Alfaguara). O autor conversará con Susana Pedreira Buján
Ás 12:00 horas
Salón de actos do edificio Castelao do Museo Pontevedra

“Orgullo y prejuicios”
4
Sábado/Novembro
Amparo Serrano de Haro Soriano Profesora Titular de Historia del Arte de la UNED
De 17:00 a 18:30 horas
UNED, Pontevedra

“Christian Villamide”
4
Sábado/Novembro
Ateneo de Pontevedra
Sábado 4 de Novembro ás 12 horas
Fundación RAC, Pontevedra

“Lagartija Nick”
4
Sábado/Novembro
Teatro principal Pontevedra
CICLO MATINÉS DO PRINCIPAL – LAGARTIJA NICK
En esencia, a carreira de Lagartija Nick pódese definir con ese aforismo de Val del Omar: «Quen ama, queima. E o que arde voa á velocidade da luz. A banda de Antonio Arias desenvolveu unha carreira tan brillante como temeraria. Suicidáronse varias veces. E sempre cando as cousas lles ían ben. Abrazaron os extremos con paixón. Pisaron o acelerador contra a parede para subir co impacto. En 1991, o grupo, completado con Eric Jiménez na batería e o guitarrista Juan Codorniú, puxo as bases da súa linguaxe en Hipnosis, un dos discos de estrea máis emocionantes do rock español. Tensión electrificada. Vicio e paranoia na voz-pregón de Antonio Arias. Descargas de punk-rock artie, visionario e anfetamina. Ambientes futuristas. Flashes inquietantes.
Ás 13:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Sinte”
4
Sábado/Novembro
“Respira, síntete, escoitate, exprésate, disfrútate“
De 17:30 a 20:30 horas
Pontevedra

“Superficies”
20
Venres/Outubro
Deputación de Pontevedra
O artista Alberto Pena ofrece desde este venres 20 de outubro e ata o domingo 5 de novembro a mostra “Superficies” no palacete das Mendoza. Nesta exposición, o creador intervén a sala da sede de Turismo Rías Baixas de Pontevedra coas súas instalacións. Trátanse de pezas pintadas sobre as teas empregadas para controlar a maleza tecidas con polipropileno que representan “superficies non compactas e sen bordo; son formas de relevo, como formacións montañosas, chairas e depresións”
De luns a venres, de 9:00 a 20:00 horas; os sábados e festivos o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; e os domingos, de 10:00 a 14:00 horas
Do 20 de outubro ao 5 de Novembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra

“Sempre máis”
6
Venres/Outubro
Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige
Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.
Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra

“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra
Xa podes anotarte

“O Deus do Pop”
9
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “O Deus do Pop” de Diego Anido
Tras 25 anos de creación contemporánea Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Cando saín de Cuba”
11
Sábado/Novembro
Espectáculo de Sete espadelas que recrea a chegada dos galegos a Cuba e a volta da emigración.
Entrada de balde
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Etiqueta negra”
11,12,13
Sábado, Domingo, Luns/Novembro
Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe do sector da alimentación gourmet, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
Sábado e Domingo de 11.00 a 21.00 Luns de 11.00 a 20.00 h
Recinto Feiral, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥