a través das oliveiras

“A través das oliveiras” 

9

Luns/Outubro

A TRAVÉS DAS OLIVEIRAS
Abbas Kiarostami, 1994, Irán, 103 min. VOSE. Lingua: persa
*En colaboración coa Filmoteca de Galicia. Terceira entrega da triloxía de Koker. Un equipo de rodaxe chega a unha aldea da rexión de Koker (no norte de Irán) que foi devastada por un terremoto para realizar un filme. Hossein, un rapaz do lugar, é contratado como axudante do equipo e, ademais, asígnaselle a interpretación dun pequeno papel. Casualmente, tamén colabora no filme unha veciña da que Hossein está tolamente namorado.

Espiga de Ouro ao mellor Filme na Seminci 1994
Nominada á Palma de Ouro en Cannes 1994

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
l'envol

“L’envol” 

10

Martes/Outubro

L’ENVOL
Pietro Marcello, 2022, Francia, 100 min., VOSE. Lingua: francés
Juliette medra soa co seu pai Raphaël nalgún lugar do norte de Francia. Alí son marxinados polo resto da vila pero eles quérense e viven en harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que agora se dedica a traballar a madeira con enorme talento. A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que, algún día, verá no ceo unhas velas escarlatas que a sacarán da súa vila. Juliette nunca deixa de crer nesta profecía. 
Mellor Dirección no Festival de Sevilla 2022
Quincena dos Realizadores de Cannes 2022
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
arte rupestre

“Arte rupestre” 

10

Martes/Outubro

Museo de Pontevedra

Esta semana o Museo celebra o Día Europeo da Arte Rupestre, que se conmemora, con dúas actividades mañá martes. Pola mañá, dúas sesións para centros escolares dun obradoiro sobre a primeira arte. E pola tarde, unha conferencia aberta ao público con Hipólito Collado, que dará conta das últimas investigacións sobre a orixe das máis antigas representacións rupestres en covas.  

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
conferencia

“Alba Pato e María Juanatey” 

10

Martes/Outubro

O seminario 17 da Facultade de Comunicación acolle unha nova conferencia do ciclo A fenda de xénero dixital: construíndo a internet e as relacións sociais dende o empoderamento feminino, promovido pola Unidade de Igualdade da UVigo e o grupo de innovación docente Academ-IA (Intelixencias Artificiais en Educación), co apoio da facultade.

Aberto ao público, o ciclo acolle nesta xornada o relatorio Visibilidade en empoderamento: feminismo na creatividade dixital, a cargo de Alba Pato e María Juanatey, fundadoras de Bululú Creativos

Ás 12:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
A casa encantada

“A mansión encantada” 

13

Venres/Outubro

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A mansión encantada (1963), de Robert Wise, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.

Entrada de balde

Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
Aldao

“Dos Aldao aos Nuño” 

13

Venres/Outubro

O venres 13 de outubro ás 20:00 h no local social de Manuel Quiroga terá lugar a conferencia ‘Dos Aldaos do Pazo do Casal aos Nuño de Pontevedra. 1.000 anos de historia e os seus vínculos coa cidade” de Miguel Ángel Nuño Vázquez-Garza. Trátase dun proxecto de investigación en que leva máis de 10 anos traballando sobre os Aldo do Pazo do Casal en Bueu e a evolución destes cara aos Nuño. Os froitos da investigación é un proxecto que alcanza case 8.000 páxinas distribuídas en 12 volumes. 

Entrada libre Aforo limitado

Ás 20:00 horas
Salón nobre de Liceo Casino Pontevedra
ilusiona

“Gran Gala Ilusiona” 

14

Sábado/Outubro

Chega a Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” cos Mellores e máis premiados ilusionistas do momento. Tras o éxito acadado na primeira edición, novos ilusionistas de diferentes partes do planeta veñen dispostos a facernos soñar nun espectáculo único.

Miguel Muñoz (España): Miguel Muñoz é campión mundial de maxia, o máximo galardón que pode obter un ilusionista, e como non, tiña que estar na Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”.

Mercar entradas

Ás  18:30 e ás 21:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Ponteandadas

“Ponteandadas nocturna” 

14

Sábado/Outubro

O vindeiro sábado 14 de outubro as 20:00h (Saida do palco da música-Alameda) celebrarase a Ruta PonteAndadas NOCTURNA
(recomendase vir con facho, frontal, móbil, etc.) organizada polo Concello de Pontevedra cunha distancia aproximada de 10 km.
Tamén Informamos que sobre as 18h🕕 faremos un pequeno curso de formación sobre o uso de bastons de sendeirismo e marcha nórdica (recoméndase traer bastons)
Xa podes inscribirte (datos no cartel) para máis información.
Tel.625482636
P. D. Teremos alguna sorpresiña
Ás  20:00 horas
Palco da música da Alameda, Pontevedra
Harry Potter

“Harry Potter” 

15

Domingo/Outubro

O mellor tributo musical a Harry Potter, os seus personaxes e as súas películas. Un espectáculo cos mellores efectos especiais, de fume, elementos de luz LED voadores e unha gran cabeza de dragón articulada.

Un ano máis, Harry, Ron e Hermione volven a Hogwarts para seguir aprendendo maxia e feitizos. Durante este curso, Dumbledore comunícalles que haberá unha competición entre as catros casas: Gryffindor, Slytherin, Hufflepuff e Ravenclaw. Terán que enfrontarse a un dragón cospe lume e baterse nun duelo de feitizos entre os capitáns de cásalas vencedoras. Mentres tanto, Snape seguirá facendo das súas; e Voldemort e os seus mortífagos prepararán un terrible final para Harry.

Mercar entradas

Ás  12:30 e ás 18:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Sempre máis

“Sempre máis” 

6

Venres/Outubro

Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.

Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra
Proxecto Lar

“Proxecto Lar” 

29

Venres/Setembro

Que é o fogar? a patria dos nosos pais e avós? o sitio onde crecemos? os nosos hábitos e costumes? o lugar onde podemos prosperar?

Cal é a importancia da memoria na nosa concepción do fogar? como nos afecta a dor dos nosos antepasados que deberon deixar o seu? O fogar é estable ou é algo que levamos connosco? Terra firme, pedra, raíces; ou eterno peregrinar entre as múltiples capas que nos van conformando. Cada persoa terá as súas propias respostas ou -mellor aínda- novas preguntas. Talvez, entre todas e todos, podamos construír novas formas de habitar, de compartir, de xerar espazos integradores.

Sibila e Silvana dúas artistas visuais teñen a resposta a esas dúbidas en forma de arte

Ata o 22 de outubro 
Bar La Hormiga, Campillo Sta María, Pontevedra
Os sobrantes

“Os Sobrantes” 

27

Mércores/Setembro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos. 

Inauguración ás 20:00 horas

Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra
Picasso

“Picasso protagonista” 

27

Mércores/Setembro

Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.

Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.

Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
maleza

“Maleza” 

22

Venres/Setembro

Este 22 de setembro temos o pracer de ter na Fundación ao artista @christian_villamide.
A inauguración será ás 20:00 na Fundación RAC en Pontevedra

Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra
Juan Carlos Meana

“O espazo entre as cousas” 

13

Xoves/Xullo

A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.

Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.

Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao

Xa podes anotarte

Equus

“Equus” 

18

Mércores/Outubro

EQUUS de Peter Shaffer

1 h 40 min | Castelan | Maiores 16

«Unha obra que te manterá en suspenso até chegar ao sorprendente desenlace final»

Esta xoia da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional, debe tratar un mozo que cometeu un acto brutal: sacar os ollos cun punzón á media ducia de cabalos que coidaba.

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
El lago de los cisnes

“El lago de los cisnes” 

19

Xoves/Outubro

Ballet de Kiev. El Lago de los Cisnes

Doazón a UNICEF para apoiar o seu traballo na emerxencia de UCRANIA de 1,5 €por cada entrada vendida.

Despois do gran éxito de 2022 coa primeira xira por España do Ballet de Kiev, que quedou marcada na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que se está a vivir, en 2023 o O Ballet de Kiev percorrerá unha vez máis as salas máis prestixiosas de España. As bailarinas e bailarinas do Ballet de Kiev ofrécennos unha incrible versión do Lago dos Cisnes.

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Maria Luisa

“María Luisa” 

19

Xoves/Outubro

Teatro principal

Ponteatro “María Luísa” de Lozana Films

María Luisa é unha muller entrada en anos que vive soa, independente e que goza da vida. Unha conversa casual co porteiro da casa é o detonante para unha sucesión de esceas que, con moito humor e un ton entrañábel, permítennos descubrir de preto o mundo desta curiosa señora. Con esta obra recentemente escrita, Juan Mayorga debuta na Abadía tras asumir a dirección artística desta casa. Unha comedia sobre a soidade, sobre a vellez, e sobre os difusos límites entre a realidade e a imaxinación

Mercar entradas

Ás  21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Medrando coa diabetes

“Medrando con Diabetes” 

21

Sábado/Outubro

Anedia

MEDRANDO CON DIABETES 2023. X ANIVERSARIO ANEDIA

Este outubro 2023, Pontevedra converterase no epicentro de toda Galicia en canto a diabetes se refire. Pero non só falamos de charlas e parladoiros: falamos de experiencias, de emocións, de historias reais que tocan o corazón.
Trátase dunha xornada de charlas formativas en colaboración con especialistas e sanitarios, destinada á formación, divulgación e sensibilización da diabetes tipo 1 entre a poboación da comunidade galega. As actividades programadas inclúen charlas formativas, ponencias, parladoiros, actividades infantís e de lecer, entre outras.

Mercar entradas

Ás  10:00 horas
Centro príncipe Felipe, Pontevedra
ciclo Voices

“Rocío Márquez & Bronquio” 

21

Sábado/Outubro

Pazo da Cultura Pontevedra

CICLO VOICES 2023 – ROCÍO MÁRQUEZ & BRONQUIO

 A artista onubense, Rocío Márquez, recoñecida pola prensa como “a voz da nova xeración do cante jondo” e o músico Bronquio, coñecido polo seu traballo na produción electrónica, chegan ao Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 21 de outubro, dentro do ciclo Voices do Concello de Pontevedra, para presentar o seu traballo “Tercer cielo“.

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥