Porcións

4

Listo en:

30 minutos

Ideal para:

Primeiro prato

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 1 kg de calamares

  • 4 patacas medianas

  • 200 gr de chícharos

  • 1 cebola mediana e 2 dentes de allo

  • 1/2 pemento vermello

  • 4 culleradas de salsa de tomate

  • sal, pemento doce e aceite de oliva

Faise:

Póchase 10’ a cebola co allo, bótase unhas areas de sal grosa, engadimos os calamares dánselle unhas voltas e engadimos as patacas e os chícharos co tomate e o pemento doce faise ferver e baixase o lume deixar tapado 20 ou 25 ‘ ata que a pataca estea cocida, non remexemos, movemos a tarteira un pouco. Comprobar o sal e deixamos fora do lume repousar un pouco

calamares con chícharos ingredientes
calamares con chícharos no plato
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Croquetas de xarrete

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥