Garceta común por Abel Borrajo -devellabella-

Garceta común por Abel Borrajo -devellabella-

por Abel Borrajo – 06. 12. 2021

Garceta común

É unha garza de mediano tamaño, de plumaxe sempre branca, con longas patas negras —fóra dos dedos, que son amarelos— e pico longo, de cor negra e en forma de daga. O individuo reprodutor exhibe un par de plumas alongadas na caluga, un grupo de plumas filamentosas e desflecadas no peito e o dorso e, principalmente na época de cortexo, unha pequena área de pel espida situada diante do ollo, que adquire unha intensa tonalidade amarelada. Os exemplares non reprodutores carecen dos ornamentos anteriormente mencionados, e o fragmento de pel espida xunto ao ollo é, no seu caso, de cor gris azulado ou verdoso. O mozo, pola súa banda, é similar ao non reprodutor, pero co pico algo parduzco. En voo é completamente branca e adopta a característica silueta das ardeidas, co pescozo recolleito en forma de “ S” e as patas estiradas sobresaíndo por detrás da curta cola.

Fotografía tomada en Decembro de 2021 nas Salinas do Ulló en Vilaboa, Pontevedra

Blog de Abel Borrajo

Abel Rodríguez Borrajo

Abel Rodríguez Borrajo

Fotógrafo

Abel, pouco amigo de publicar as súas fotos, vainos deixando pequenas mostras da súa obra, gústalle moito a natureza e a maioria das súas fotos son de paxaros e animais.

Merlo Rieiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Camiño de Brañagallones por Amancio Castro

Camiño de Brañagallones por Amancio Castro

por Amancio Castro 

Brañagallones

Camiño de Brañagallones

Esta Braña queda no Parque Natural de Redes (Asturias).

Unha “Braña” en Asturias é un pasto de altura e recibe o nome de Gallones porque así se denominan en Asturias aos machos da Pita do monte (Urogaio). Nas proximidades desta braña existían varios cantadeiros destes machos nos bosques de faias que a rodean.

A foto está feita o 28 de novembro de 2008 e as follas das faias queren empezar a despedirse antes de que empece o inverno ofrecendo ese espectáculo de color.

Datos técnicos da foto:

Cámara: Canon dixital PowerShot A630

f:2,8   ; v 1/60 ; ISO: 161

Amancio Castro García

Amancio Castro García

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

O Tromentelo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

A Garza por Elena Abad, Manuel Hermida e Abel Borrajo

A Garza por Elena Abad, Manuel Hermida e Abel Borrajo

Minha Terra

Borinquen, pobre cautiva
del mar que sus costas bate;
garza dormida entre brumas
como en lecho de azahares,
no vio nunca en sus collados
el humo de los combates,
ni el somatén en sus villas,
ni el tumulto en sus ciudades.

Borinquen, la pobre tierra
de las angustias tenaces,
de las danzas gemidores,
y de los tristes cantares,
no vengó, loca de furia
como una virgen salvaje
las equimosis del látigo,
las cicatrices del sable.

Borinquen tiene en su escudo
un peñasco entre dos mares
y un cordero solitario
con un pálido estandarte.

Símbolo fiel de su historia
que, a través de las edades,
no escribió jamás en rojas
tintas el nombre de un mártir.

Borinquen, la cenicienta,
no puede romper su cárcel,
porque faltan, ¡vive cristo!,
mucho nervio en su carácter,
mucho plomo en sus colinas
y mucho acero en sus valles,
porque en sus campos no hay pueblo;
porque en sus venas no hay sangre.

 Luis Muñoz Rivera

Garza de Manuel Hermida

A Garza por Manuel Hermida

Garza Elena

As Garzas por Elena Abad

Garza por Abel

A Garza por Abel Borrajo

Ave de gran tamaño e aspecto inconfundible, a garza real non é moi numerosa como nidificante na Península Ibérica, aínda que se atopa en expansión. É, en cambio, moito máis abundante durante a invernada e os pasos migratorios, cando moitos exemplares europeos recalan no noso territorio no seu camiño cara ao continente africano. Durante o inverno, resulta fácil observar a estas garzas, tanto en voo como pousadas nas beiras de ríos e encoros agardando o paso dalgunha presa, que capturarán coa axuda do seu potente pico.

Elena
Manuel
Abel

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Outono fotografado por Elena, Manuel, Abel e Luis

Outono fotografado por Elena, Manuel, Abel e Luis

Éste é o inicio do longuísimo poema de Ramón CabanillasA traxedia das follas” que versa sobre o Outono. Pertence ao seu libro Da terra asoballada.

A traxedia das follas

Son os días de outono

Son os días

en que caen desfeitas, sin arume,

as derradeiras rosas.

En bandadas,

sobre o mar, aléxanse, chilando,

cara ás terras do Sol, as anduriñas.

O chan escuro; brétemas nos vales.

De curuto, a tombos, rodan

as apromadas nubes de tromenta.

i os bruxos estorninos, enloitados,

raian nas néboas bramcas, abafantes,

os misteriosos circos dos conxuros

Outono en Xeve

O Outono por Manuel Hermida

Outono por Elena Abad

O Outono por Elena Abad

Outono no lérez de Abel

O Outono por Abel Borrajo

Elena
Manuel
Abel
Luis Pereiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Pegadas do Outono de Amancio Castro – devellabella-

Pegadas do Outono de Amancio Castro – devellabella-

por Amancio Castro –

Pegadas do Outono nos chanzos dunha das entradas ao Cafetín da Alameda do Arquitecto Sesmeros:

Follas das dúas especies de Tilleiras cercanas: a Tilia platyphyllos Scop. (gal.: tileira de folla grande ou tilleira; cast.: tilo de hojas anchas, tilo común, tilo de Holanda) e  a Tilia tomentosa Moench. (gal.: tileiro prateado; cast.: tilo plateado, tilo húngaro)

Datos técnicos da foto:

Cámara.- Panasonic DCM – FX-35

f/2,8; v 1/30; ISO 200; flax de recheo da cámara.

Amancio Castro

Pegadas do outono
Amancio Castro

Amancio Castro

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

O tromentelo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

O home e o neno. Retrato da emigración por Selo Blanco

O home e o neno. Retrato da emigración por Selo Blanco

Se hai unha imaxe icónica representativa da emigración galega é esta.  Un pai e un fillo abrazados choran desconsolados ao despedirse dos seus familiares, que emprenden unha longa viaxe cara a outro continente.

O home e o neno, realizada en 1957 no porto da Coruña, formaba parte dunha reportaxe feita por encargo da Comisión Católica da Emigración. Publicouse por primeira vez en Galicia Hoxe en 1961, sen citar o seu autor, e durante dúas décadas apareceu en diversas revistas de modo anónimo, chegando incluso a apropiarse Blanco Amor da súa autoría nalgunha publicación. Houbo que chegar aos anos oitenta para que revista Foto dera a coñecer ao seu autor: Manuel Ferrol.

Manuel Ferrol, naceu na Costa da Morte en 1923. Era o fillo maior do fareiro do Cabo Vilano. Pode que fora a súa grande vinculación co mar o que o levou á Coruña a estudar Enxeñería Naútica, pero a paixón pola fotografía fixo que abandonara os estudos para dedicarse totalmente a esta arte.

O home e o neno

Despois duns anos de retratista de nenos en Ferrol, Betanzos e A Coruña recibe ese encargo, o de documentar o embarque de emigrantes no trasatlántico Juan de Garay na Coruña. Era de esperar que Manuel Ferrol fixera unha semblanza da emigración máis edulcorada, pero a realidade impúxose ante os seus ollos e , tal como sentía, mostrou a súa cara máis crúa a través do obxectivo. Como dixo máis tarde “eu non sei de fotografía, eu só sei o que vin, a emoción que aquela xente me producía”. A ansia por capturar tantas imaxes levouno a substituír  a súa cámara Leica por unha Rolleiflex, unha cámara que non requería mirar directamente  polo obxectivo e  que lle permitía pasar máis desapercibido e, sobre todo, non interromper eses momentos tan íntimos e delicados da despedida.

Foi un fotógrafo que gozou en vida de moitos premios e recoñecementos, pero esta reportaxe e esta fotografía pódese dicir que marcou a súa traxectoria e foi a que o levou a mostrar a súa obra por todo o mundo, a carón de fotógrafos como Robert Capa ou Cartier Bresson entre outros.

Os protagonistas da fotografía, aos que o fotógrafo chegou a coñecer,  eran Manuel Ángel Calo Marcote e Juan, un dos seus cinco fillos. Manuel abraza ao seu fillo e non pode reprimir as bágoas ao despedir aos seus pais, unha irmá e varios primos que viaxan cara a Bos Aires.

Manuel Ferrol

Nunha entrevista que realizou pouco antes de morrer ao periodista Santiago Romero díxolle:

“Yo viajé en algunas ocasiones a bordo del trasatlántico Juan de Garay desde Coruña a Vigo, última escala antes de la travesía a América  y en cuanto el muelle se perdía de vista, todos desaparecían y se hacía un silencio sepulcral. Parecía un barco fantasma.” 

Manuel Ferrol falece en 2003, á idade de 79 anos. As súas cinzas foron esparexidas polo mar a carón do faro de Cabo Vilano.

Se tivésemos que poñer unha melodía a esta obra non podería ser outra que Lonxe da terriña, tema de Juan Montes (Lugo, 1840-1899), letra de Aureliano J. Pereira (Lugo 1855- Madrid 1906), interpretado por Sara Louraço Vidal de Luar na Lubre. Acompañan á música obras de Manuel Ferrol e doutros autores dos que falaremos en diante.

ENLACES

Web de Manuel Ferrol : https://manuelferrol.com/

 A reportaxe completa Emigración   https://www.manuelferrol.com/emigracion.html

Selo Blanco Blanco

Selo Blanco Blanco

Profesora de dibujo

Selo Blanco Blanco. Nace en Chantada el 28 de mayo de 1961. Dos años después su familia se traslada a Vigo, donde reside hasta 1989. Arquitecto por la E.T.S.A de La Coruña. Ejerce como profesora de Dibujo en el IES Valle Inclán de Pontevedra desde el año 1996 hasta la actualidad.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥