O pasado 20 de outubro, cumpríronse dez anos da fin da cruel actividade que a banda terrorista ETA exerceu durante case 50 anos, fin que chegou tras arduas negociacións e acurralada polo rexeitamento xeral non só a nivel do Estado español senón tamén pola maior parte da sociedade vasca e mesmo a nivel internacional, a todo isto que hai que engadir a súa debilidade operativa, todo o cal conduciu a que deixase de matar e finalmente entregase as armas.

Atentado

Fotografía El Mundo

O seu“currículum” do horror foi arrepiante: 854 muertos, unha  cifra superior a 7000 feridos, 86 secuestros, nenos e maiores en medio desta barbarie morrían tamén; recordalo fai tremer a un.

É necesario matizar que ETA naceu no 1958 a raíz da expulsión duns membros das xuventudes do Partido Nacionalista Vasco, iniciando accións violentas xa no 61, aínda que o primeiro asasinato data de 1968. Nun principio contaba cun importante apoio de boa parte da sociedade vasca debido a considerala parte da oposición ao franquismo, mais tras a aprobación da Constitución e o Estatuto de Autonomía do País Vasco eses apoios diminuíron.

 Ao longo do tempo producíronse escisións graduadas en ETA, debido á súa radicalidade terrorista, producindo un rexeitamento moi acentuado na sociedade vasca, exceptuando o seu entorno, obviamente.

    Vidas truncadas, con moitísimas familias traumatizadas  de dificilísima recuperación, un  clima de receo-medo horrible co veciño, o compañeiro de traballo, a mirada debaixo do coche diariamente por temor a unha bomba nos baixos … O medo paralizante ás ameazas de morte, delacións, impostos revolucionarios aos empresarios coa correspondente ameaza de morte se non se facía efectivo o imposto….; é dicir, un ambiente irrespirable que fixo que moitos vascos, ou familias que vivían alí desde había moito tempo, marcharan a outras rexións de España  e que deu lugar a unha sociedade dividida dunha forma antagónica, con moito odio no medio.

      No País Vasco este dez anos sen a ameaza de ETA foron de normal convivencia? É imposible pechar feridas en tan curto prazo de tempo, comeza a facerse algo, pero aínda queda moito camiño por percorrer.

Para escribir este artigo tiven que  consultar bastante información periodística, principalmente nas sección de opinión, reportaxes, vídeos en Youtube… de periodistas e escritores aos que considero bos profesionais.  Escribir sobre ETA e o que provocou non é doado, se queres facelo con credibilidade e sensatez.

             Hai uns días Arnaldo Otegui pedía desculpas por todo o mal que ETA causara en Euskadi expresando a súa dor por non poder emendar o mal realizado e que non había volta atrás, o cal era unha pena; a palabra: “síntoo” saíu dos seus beizos e dos do secretario de Sortu, Arkaitz Rodríguez.

 No Diario Público lin un artigo da admirada periodista Ana Pardo de Vera titulado: Lo siento”, es el principio no que argumenta o seguinte.:

      “Un dirigente político me dijo este lunes, con poca fortuna, que con las palabras de Arnaldo Otegi, quedaba cerrado “como tal” el conflicto de Euskadi. “Discrepo”, le contesté: con el lo siento nos situamos en el principio de otra etapa compleja, no en el final de nada: sumamos, sin ninguna duda, pues desde hace diez años, cuando ETA anunció su disolución, en Euskadi, en España y en Europa estamos mejor, mucho mejor. Porque si una escucha a la (ultra)derecha de Vox y PP comentar las palabras del líder de Bildu y el de Sortu, Arkaitz Rodríguez, este lunes en el Palacio de Aiete, e incluso la tibieza de un PNV, defensor a ultranza de los pasos políticos que se han ido dando desde hace décadas en la lucha por el fin del terrorismo hasta que EH-Bildu se convirtió en influyente competencia en el Congreso y en las urnas de Euskadi, pareciera que Otegi y Rodríguez decían lo contrario de lo que dijeron” …………

Agora é preciso o achegamento humano, cívico, dentro da sociedade vasca, o cal é unha tarefa moi difícil, dada a complexidade humana, o lado escuro do odio e da ofensa brutal recibida non é fácil sacalo á superficie e normalizar a nosa convivencia, é case contranatura.

 Teñen que pasar anos, quizais xeracións, para que a sociedade vasca sexa outra. Porén, hai sectores que poden facer algo para contribuír a que iso aconteza, polo seu talle moral, ser os guías de referencia para camiñar por ese necesario sendeiro de convivencia : ONG, Plataformas cívicas terapéuticas e de reinserción psíquica e moral, personaxes da calidade humana da muller de José Maria Jauregui_Maixabel_ que tivo a xenerosidade de aceptar o perdón dos que mataron ao seu home, etc. É indispensable que a historia de ETA estea na escola para que as novas xeracións saiban o que ocorreu e lles sirva de lección para que non se volva repetir.

Final de ETA

Fotografía El Independiente

 Deixo aquí información ao respecto do tamén admirado periodista e director da Editorial Infolibre, Jesús Maraña, que podemos ler no seu artigo: La verdadera traición a los muertos.

     “Construir una memoria colectiva, compartida, plural, es la clave para alentar la convivencia y evitar que jamás se repita el ejercicio de la violencia. Es una labor de todas y todos, no exclusiva, ni muchísimo menos, de la política. Ya en el quinto aniversario del fin de ETA mencionábamos algunas aportaciones a esa construcción de memoria que nos parecen muy recomendables, como el documental El fin de ETA, de Luis Rodríguez Aizpeolea y José María Izquierdo, o la obra de teatro La mirada del otro, de María San Miguel. Hay ejemplos más recientes que conviene sumar a la mirada poliédrica sobre “lo ocurrido”: El eco de los disparos o Mejor la ausencia, dos libros de Edurne Portela menos conocidos que , de Patria de Fernando Aramburu, también imprescindible. Como lo son la serie de Mariano Barroso La línea invisible, la película recién estrenada Maixabel, de Icíar Bollaín, o Todos los futuros perdidos, el ensayo- conversación entre Edu Madina y Borja Sémper. Saben de lo que hablan, y hablan sin rencor.”

     O punto máis negativo, neste inxente labor por realizar a favor da convivencia no País Vasco e na sociedade española, é no terreo da política, onde  está todo contaminado por unha dereita extrema  a nivel vasco e nacional, algo vergoñento, indigno e de auténtica mala fe; é preciso recordar o papel infame por parte desta dereita extrema na gran mentira do 11M e na do Yakolev 42 : ata onde son quen de chegar!

   Na derrota de ETA interveu moita xente, algunha  quedou no anonimato por vontade propia. As forzas de seguridade levaron un gran peso, falecendo moitos dos seus membros e deixando unha “herdanza” familiar traumática, moi “ dramaticamente tocada”, forte persecución da Xustiza e dos gobernos de quenda  e o apoio recibido por parte de Francia na segunda parte do conflito.

    Jonathan Powell, mediador no conflito, dicía o seguinte con respecto a Rajoy e ao PP “O  PP puxo en perigo o proceso de paz”

    “”Nunca hasta entonces me había encontrado con un Gobierno que no diera ningún paso para deshacerse de las armas. ETA ofrecía las armas y el Gobierno del PP no las aceptaba, era una locura“.

 Matiza o seguinte Jonathn Powell, nunha entrevista ao diario.es:

  “Cuando Tony Blair se convirtió en líder de los laboristas apoyó el proceso de paz iniciado por el entonces primer ministro conservador, John Major. No hubo críticas, aunque no estábamos de acuerdo en todo, y los ‘tories’ hicieron lo mismo cuando los laboristas gobernaron. El proceso de paz no formó parte del juego político“.

   Escribe Ignacio Sanchez_Cuenca Rodriguez, escritor, filósofo e profesor de Ciencia Política  con respecto ao Proceso de Paz:

     “Es justo reconocer que fue el impulso político de José Luis Rodríguez Zapatero, Jesús Eguiguren, Alfredo Pérez Rubalcaba y Arnaldo Otegi lo que llevó a término la agonía de la banda terrorista, en contra de una amplia oposición al proceso de diálogo”.

Atentado Madrid

Fotografía La Vanguardia

Isto algún día terá que ser recoñecido como se merece por toda a sociedade vasca, española e internacional. Asusta  ter que sentar cuns terroristas, cuns asasinos, arriscándose ao máximo, coordinándose entre os negociadores con moito tento, tratando de entenderse o mellor posible con eles para chegar a bo porto. Jose Luis Rodriguez Zapatero ao aterrar como xefe da oposición tivo moi claro desde o principio que había que intentar acabar con ETA negociando.

  Cando ocorreu o atentando contra Eduardo Madina, Zapatero díxolle que co tempo íalle regalar o final de ETA. Ao chegar o ansiado momento fixo tres chamadas telefónicas, unha a Madina, outra a Alfredo Pérez Rubalcaba e outra a seu pai.

   Zapatero foi “acusado” gravemente no Congreso dos Deputados  polo PP, especialmente por Rajoy, coa famosa acusación de “traizoar os mortos”. Nunca houbo nin en público ni en privado unha desculpa do presidente, naquel momento do PP, cara a José Luis Rodriguez Zapatero por ese grave insulto.

   Hoxe en día, Pablo Casado “comanda” unha campaña atroz contra a presenza de Bildu no Congreso culpando a Pedro Sánchez como responsable da mesma, acusándoos de etarras  a 10 anos da disolución de ETA. Se Bildu e Sortu, están sentados no hemiciclo é porque cumpren con todos os requisitos legais, xurídicos e constitucionais para poder facelo.

     Este “método “ parlamentario que está desenvolvendo o PP, Vox e tamén Cidadáns, é a “cambadela” “zancadilla trapera” que a dereita extrema política e mediática, realiza para derrocar o goberno sen reparar en que a convivencia cívica no País Vasco tarde en chegar! Incomprensible e indigno!.

    Quedan máis cousas pendentes, como moi ben escribe Ana Pardo de Vera, precísanse máis “lo siento”…Que pasa cos Gal, non se nos vai dar unha explicación?, ou é que somos parvos para non intuír o que pasou  e quen puido estar detrás dese ilexítimo comando, ninguén vai pedir perdón polo que fixeron con Segundo Marey ou co atroz asasinato de Lasa e Zabala e das 25 persoas asasinadas por este comando?

     Todo isto, o comportamento indigno da dereita mediática e política, os Gal, está a anos luz do “ lo siento” moi ben apuntado por Ana Pardo de Vera. É moi difícil, a pesar de que algunha xente, como asociacións minoritarias de vítimas construtivas, o mundo do cine, familiares de vítimas, escritores con bos libros ao respecto, estean facendo un grande esforzo para que esa convivencia se faga real algún día, fai falla tamén o outro, os que no dan sinais de “lo siento”. Non será moito pedir a esa xente, lamentablemente?

   Hasta aquí as miñas modestas pinceladas, acompañadas dos enlaces que van a continuación con cuxo contido me identifico plenamente e nos que me apoiei por pura coherencia  a favor do ben do artigo. Son consciente de que o tema de ETA  dá para máis, que podería escribirse un artigo máis longo e “tocando” máis arestas , o que, malia todo, creo que non lle quita validez ao que intentei expoñer.

     Non podemos esquecer o que ocorreu en Euskadi e as súas consecuencias para a convivencia, para o restablecemento da mesma haberá que intentalo con tesón, con boa alma.

José Cerdeira Soto

José Cerdeira Soto

Topógrafo

Estou xubilado desde o ano 2004 e vivo en Pontevedra desde 1982.

Nacín en Soutelo de Montes, no Concello de Forcarei, no ano 1946 e xa no 63 entrei na empresa na que transcorrería toda a miña vida laboral Dragados y Construcciones, onde me formei como topógrafo, profesión que exercín ata a miña xubilación.

Pasar a formar parte das “clases pasivas” non se converteu nunha situación traumática para min, ao contrario, enchín as miñas horas de lecer de múltiples actividades para as que, cando traballaba, non tiña tanto tempo: a lectura, a implicación en diversas iniciativas culturais, sociais e políticas;a participación no voluntariado da Cruz Vermella, ir á universidade de maiores, ser moi activo nas redes sociais, etc.

A miña intención é seguir facendo cousas e aprendendo outras, deica o último suspiro.

Fóisenos Arcadi Oliveres

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥