
Ana Pardo de Vera: Periodismo valente por José Cerdeira
by Jose Cerdeira | Nov 6, 2022 | Articulos
Ana Pardo de Vera é unha periodista que escribe no Diario Público, do cal é Directora Corporativa e de Relacións Institucionais -anteriormente foi directora executiva do mesmo diario do que, por certo, participou na súa fundación.
Natural de Lugo, estudou Filoloxía Hispánica na USC e realizou un Mestrado en Medios de Comunicación en Santiago de Compostela.

Comezou traballando no Diario Sur de Málaga, La Voz de Galicía, Diario 16, Tiempo e Público, do cal, como xa dixemos, formou parte._Foi asesora do goberno de Zapatero en tres ministerios, á parte da Vicepresidencia de Política Territorial. É tertuliana de Mediaset, RTVE, Cataluña Radio, TV3, ETB..
É autora dunha crónica-reportaxe con información obtida sobre as viaxes oficiais que realizaba o Presidente do Goberno nas que tamén ía a periodista, o título: En la maleta de Zapatero.
Así mesmo é coautora do libro: La armadura del Rey, e actualmente acaba de publicar a novela: El chantaje a una Jueza.
Escribe tres columnas á semana en Público e ten un podcast: Los tres pies al gato, os sábados, de 3 ou 4 minutos de duración. Columnas e podcast nos que un pode observar a súa profesionalidade como periodista valente, comprometida, moi sagaz, mordaz, usando a ironía dunha forma crítica para ir ao fondo da cuestión sen medo ningún, sempre argumentando, matizando as cousas con gran brillantez e eficacia.
Nos debates de radio e televisión sobresae polo seu dinamismo, coraxe, xenio para defender aquilo que sabe que é certo fronte a aqueles compañeiros de debate que non levan os deberes feitos ou ante tanto periodista reaccionario ou non periodista. Ela, pola contra, actúa con garra e gran decisión argumentativa. Eu considéroa unha periodista de raza.
De esquerdas, cunha gran sensibilidade social e empatía, unha persoa moi preparada política e intelectualmente, unha periodista a contracorrente de toda a maraña casposa do periodismo convencional. Forma parte dun grupo de bos profesionais dos medios alternativos que non dependen dos bancos, nin de empresas, nin do neoliberalismo mediático, tales como Jesús Maraña, Benjamín Prado, Alicia Gutiérrez, Cristina Monge, Manuel Rico, Daniel Besteiro, Daniel Bernabé, Ignacio Escolar, Olga Rodriguez, ect., ect. Son a maioría dos que escriben en medios alternativos, sen ataduras.
Acaba de saír a súa primeira novela -como sinalo ao comezo do artigo- : Chantaje a una jueza.
Esta novela, en boca da propia autora “es una zambullida en la cultura de la política gallega, manchada de caciquismo y corrupción, narcotráfico, prostitución y trata”.
Sen paixón, con obxectividade, creo que é unha moi boa novela na que a corrupción está moi presente. Moi ben estruturada, cunha trama moi ben construída, uns personaxes “de carne e óso, vivos” que chegan ao lector coma se os tivese diante. Tamén se pode ver, lamentablemente, o estado de corrupción da nosa querida Galicia, unha corrupción moi seria.

Sempre considerei que a Comunidade de Madrid, a Comunidade Valenciana e Andalucía estaban á cabeza neste sentido, mais resulta que Galicia atópase tamén nese pelotón dos primeiros en chegar á meta. Non é que non soubese que na nosa comunidade existía moita corrupción, por exemplo o mundo do narcotráfico, pero aquí son uns “mestres” en que non se note dunha forma ostensible. Galicia e o seu misterio, ou a súa “empanada mental” de medo, apatía… , ou é que resulta que esta mafia é maioritaria e entón…somos cómplices?
Ana Pardo de Vera insiste en que o seu libro ten a súa parte de ficción, pero todo o que describe baseado en papeis xudiciais e no que ela sabe polos seus anos de profesión cadra co que acabo de sinalar sobre a mencionada corrupción.
A integridade da policía, da acusación, do xuíz instrutor, etc., no intento de facer fronte aos corruptos experimentados e sen escrúpulos, con apoios moi ben ensamblados, pode verse atrapada e caer nas “fauces” dos métodos mafiosos, frustrándose así toda a investigación.
Nunha das numerosas entrevistas que concedeu na promoción do seu libro lemos o seguinte:
“¿Cuántas cosas te dejas en el tintero cuando escribes una información en todas sus variedades, reportaje, análisis, incluso cuando escribes opinión…?
“A veces es necesaria la ficción para retratar toda la realidad, los ambientes, las implicaciones estructurales… Pero esto no es nuevo, conocemos mucha historia de España y del mundo gracias a la ficción”.
Si, a información que está moi ben condesada polo bo ou a boa periodista, debido á rapidez, á premura de tales informacións, unhas detrás doutras ou incompletas, polos inevitables cabos soltos, co tempo require unha estrutura que lles dea corpo a eses datos para conformar esa complexidade da que fala Ana Pardo. Paréceme que a novela non deixa de ser, neste caso, unha prolongación dese periodismo diario vertido en columnas, pero preparado “ao forno” non? e regado cun Vega Sicilia, aínda que cun bo Godello tampouco desmerecería (como ocorre na novela). Refírome a un bo traballo, crible, panorámico e global.
En canto ao poder e á corrupción Ana Pardo explica o seguinte nesa mesma entrevista:
“Pero la cultura de la corrupción en España, y no digamos en Galicia, de donde yo soy, siempre me ha fascinado. Ortega y Gasset ya alertaba contra ella: tenemos un problema y cada acción corrupta nos afecta a todos y todas. Los casos aislados no existen”.
Tamén Ana de Vera botou man dos seus recursos políticos formando un triángulo co coñecemento que sabe e intúe do poder e a ficción, ese subconsciente realista. En resumidas contas como a autora do libro explica:
”Hay un ‘modus operandi’, que va desde pagar y aceptar dinero sin facturar por arreglar un grifo hasta montar un sistema de salarios en B para altos cargos de un partido o de comisiones para un rey”.
“El poder es lo que mueve el mundo y, en demasiadas ocasiones, en contra de los intereses del mundo y la mayoría de sus habitantes. Y eso, desde un punto de vista de pura ética y democracia, debe ser vigilado para evitar la corrupción en toda la amplitud de la palabra, esa que arrasa con todo y causa tantísimo dolor en la gente, en personas con nombres y apellidos, que es también lo que trato de contar en la novela”.
Outro tema moi importante nesta novela é o papel de vítima maltratada, aldraxada, violentada, tratada como un ser inferior, como é a muller dentro do proxenitismo, a trata e a prostitución. É a “materia prima” para este traballo incalificable que obvia todos os dereitos humanos e que produce beneficios aos que están nese miserable negocio creando unha maraña de sociedades pantallas, testaferros, apoderados, etc. Desde esas sociedades creadas por despachos amigos
dos corruptos lévanse os cartos a sucursais financeiras situadas en opacos paraísos fiscais, onde se evaden impostos ou se branquean mediante a compra inmobilaria, arte, coches, barcos… As mulleres explotadas, son tristemente esa “materia prima” para ese infame negocio.
Deixemos a Ana Pardo de Vera que explique ela, con esa claridade que a caracteriza, este gravísimo atropelo sobre as mulleres que arriban ao noso país para vivir un pouco mellor do que o fan nos seus países de orixe, ou que son traídas por proxenetas que as van buscar prometéndolles montes e moreas.
““El tema de la trata es lo más doloroso que he tenido que abordar en el libro”
Sí, la trata de mujeres, la esclavitud sexual está muy presente en el libro porque dentro de las tramas en las que me he inspirado, en los sumarios de corrupción, la prostitución tenía un papel muy relevante como forma de chantaje, como forma de extorsión, como forma de poder, como forma de enriquecimiento. Intento denunciar el uso que se hace de las mujeres en todas estas tramas de poder. Eso por un lado, y por otro, la cultura del putero con el que se ha nacido en muchos sitios. A todos y a todas les sonará el famoso episodio en el que un hijo, un abuelo, un tío o un amigo lleva a su hijo o a su sobrino a desvirgarse a un puticlub de carretera. Anécdotas como esa sobran en la vida real y son una tragedia. Lo que estás mostrando es que la mujer es un objeto del que puedes disponer cuando te dé la gana por cuatro perras. Es lo más doloroso que he tenido que abordar en el libro porque además ha habido casos en Galicia con mujeres desaparecidas, mujeres obligadas a abortar a palos en sumarios de corrupción con políticos implicados, con jueces implicados, vecinos que hacen la vista gorda… Es un tema terrible que no es ficción y que está ocurriendo todos los días.”
Ata aquí as pinceladas sobre o quefacer desta boa periodista e a súa incursión na novela que, para min, non deixa de ser tamén unha prolongación do seu periodismo cotián, creando un mundo de realismo e ficción e ao mesmo tempo unha rica trama novelesca con personaxes de “carne e óso”. Trama novelesca que pon ao lector moi atento ante un desenlace inesperado, aínda que posible nese mundo infame de corrupción. Seguro que sí.

Enlaces relacionados coa autora Ana Pardo de Vera.
https://forbes.es/empresas/46222/ana-pardo-de-vera-el-periodismo-o-es-feminista-o-no-es-periodismo/
Video

José Cerdeira Soto
Topógrafo
Estou xubilado desde o ano 2004 e vivo en Pontevedra desde 1982.
Nacín en Soutelo de Montes, no Concello de Forcarei, no ano 1946 e xa no 63 entrei na empresa na que transcorrería toda a miña vida laboral Dragados y Construcciones, onde me formei como topógrafo, profesión que exercín ata a miña xubilación.
Pasar a formar parte das “clases pasivas” non se converteu nunha situación traumática para min, ao contrario, enchín as miñas horas de lecer de múltiples actividades para as que, cando traballaba, non tiña tanto tempo: a lectura, a implicación en diversas iniciativas culturais, sociais e políticas;a participación no voluntariado da Cruz Vermella, ir á universidade de maiores, ser moi activo nas redes sociais, etc.
A miña intención é seguir facendo cousas e aprendendo outras, deica o último suspiro.
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments
O Porto visto pela paleta de António Cruz por Manuel Vitorino
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Lingua irmá | 0 Comments