Porcións

8

Listo en:

40′

Ideal para:

Primeiro prato

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 4 cabaciñas (750g)
  • 75 g de queixo parmesano relado
  • 30 g de fariña
  • 50 g de nata líquida
  • 1 dente de allo
  • 4 ovos
  • 1 cullerada de café de curry ou perexil
  • 3 follas de albáfega ou perexil
  • Sal, pementa
  • 1 cullerada sopeira de aceite de oliva

Etapas da receita: 

  1. Partir as cabaciñas en dadiños, facelas precocer nunha tixola durante 10 minutos cun pouco de aceite de oliva e un dente de allo picadiño
  2. Relar o queixo, mesturar os ovos coa nata, a fariña peneirada, o queixo, a albáfega picadiña en tiriñas e o curry
  3. Incorporar os dados das cabaciñas unha vez que termine a cocción, escorridas cunha espumadeira.
  4. Verter a preparación nun molde engrasado con aceite de oliva
  5. Meter no forno xa quente (180°C) durante 20 minutos
  6. Deixar que estea morno antes de desmoldar.
ingredientes pastel
Pastel de Cabaciñas
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Pastel de atun

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥