Entre lavandas e roibéns: un tren cara á Provenza por Ana Santos

Entre lavandas e roibéns: un tren cara á Provenza por Ana Santos

Entre lavandas e roibéns

Ana Santos Solla

Todo comezou cunha chamada.
—Cando podemos escapar para ver os campos de lavanda?—.

A miña amiga Adriana xa mo preguntara outras veces. Sempre había algo polo medio: unha cita médica, un compromiso ineludible… Pero daquela, por fin, o calendario estaba en branco. Sen pensalo moito, selamos un plan: a derradeira semana de xuño, destino Aix-en-Provence.

Ao principio imaxinamos un enredo de avións, trens e taxis. Pero as conexións de volta eran un labirinto de esperas interminables. Así que fixemos sinxelo o camiño: tren de Pontevedra a Madrid, e de Madrid a Aix. O primeiro, 88 euros ida e volta; o segundo, 260 coa tarxeta dourada.

 Ás 6:17, Pontevedra quedaba atrás. Ás 10:00, xa pisabamos Chamartín. Cercanías gratuíto ata Atocha, un café na terraza dunha cafetería que nos regalou media hora de calma, e logo a vía 6. Ás 13:18, o vagón partía amplo e cómodo, coma quen se prepara para unha longa conversa coa paisaxe.

Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona, Figueres, Perpignan… estacións e nomes que pasaban coma capítulos lidos a toda velocidade. Pero a partir de Narbona algo mudou: a auga cercábanos, a Camargue deixaba entrever salinas, aves e a luz inmensa do Mediterráneo. O tren semellaba flotar. Nós, pegadas ao cristal, en silencio, dicíamonos baixiño: “Aquí temos que volver”.

Aix recibiunos xa de noite. Estación pequena, bus 40 ata o centro, billete na máquina, 9,60 ida e volta, quince minutos de traxecto. Un apartamento na Rue Pavillon, ducha, algo de cea traída da casa… e unha noite na que, antes de durmir, volveron desfilar as imaxes da Camargue, o lento avanzar do tren, as conversas, o libro aberto no colo… Cantas cousas se poden vivir nun vagón cando non hai présa.

Aix e Valensole

Aix-en-Provence, antiga Aquae Sextiae, foi fundada no 123 a.C. por Sextius Calvinus, capital medieval da Provenza, berce de Eleanor de Provenza e Paul Cézanne… Aix é a cidade das mil fontes, termal, luminosa, refinada.

Almorzamos na Maison Cangina e deixamos que un mapa nos guiase só o xusto para perdernos a gusto. No mercado da froita, fresas e cereixas. No establecemento Roi René, calissons de améndoa, coma mazapán glaseado. O natural e o de café gañaron por goleada, pero nós marchamos coa sensación de levar uns gramos de máis…

Na Praza do Concello, unha torre do reloxo ergueuse sobre séculos de historia. Moi preto, a Catedral de Saint-Saveur, erguida sobre un foro romano. No seu baptisterio, columnas antigas sosteñen unha cúpula octogonal; a pila lembra os tempos de bautismo por inmersión. O claustro, pequeno e elegante, é un remanso de paz. O órgano de 1745 impón respecto e beleza.

O roibén das lavandas

Ás 16:00, un microbús con viaxeiros de Australia, América, Corea e Francia partiu diante da Oficina de Turismo. O destino: a meseta de Valensole para ver o solpor.

A calor caía a plomo. Primeira parada para auga, segunda foi unha destileria de lavanda pero tomamos un xeado. Cando o bus se detivo no primeiro campo, as portas abríronse a un mar púrpura. A terra toda era perfume, cor, abellas. O ceo, un lenzo cambiante.

Houbo campos mesturados con xirasois, onde o amarelo e o violeta fundíanse coma pinceladas de Van Gogh. Houbo camiños que nos levaron a horizontes que semellaban soños.

……….   Ler máis

catedral de saint seveur
lavandas 1
adriana e eu
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Viaxe a Normandía, Vernon, Giverny, Rouen

Campiña inglesa: Bath e Bristol

A illa do Hierro

De Bolonia a Rávena

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe por España e Portugal 2ª parte por Manolo Gulías

Viaxe por España e Portugal 2ª parte por Manolo Gulías

Viaxe por España e Portugal 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

           SEGUNDA PARTE, DE SALAMANCA A PONTEVEDRA

 O día dezaseis de xuño puñémonos en camiño cara Ciudad Rodrigo rumbo a Portugal. Eran preto das dez e cuarto cando tiñamos aparcado o coche nun bo lugar que teñen fronte ó mercado municipal de abastos, para no posible evitar que os automóviles pasen para dentro da muralla.

A muralla medieval mide algo máis de dous quilómetros e ten seis portas de entrada, consérvase moi ben e dentro dela incluso se poden ver os impactos que provocaron os canóns dos franceses na torre da catedral e en outros edificios.

Paseando fomos pola veirarrúa da dereita que é por onde mandan entrar a xente que vai a pé. Só traspasar a muralla do mesmo lado está a Catedral que miramos por fóra porque non abría ata as once e media. Indo pola rúa Pacheco Sánchez pasamos a praza Mazarrasa e a do Buen Alcalde chegando nun instante á Praza Maior onde hai varios edificios singulares.

O primeiro que miramos foi a casa do concello que está na cima da praza. O corpo frontal do edificio foi levantado na primeira metade do século XVI e no ano 1923 engadíronlle os laterais. A un lado e a outro ten dúas pequenas torres, a da esquerda con tres blasóns, e no medio un campanario no que colga unha campá. Tanto o baixo como o primeiro piso están porticados.

Na mesma praza estivemos contemplando a Casa dos Cueto ou do Primeiro Marqués de Cerralbo construída na primeira metade do século XVI e na que destacan o friso de adornos platerescos e escudos de armas.

Ó lado está o Palacio da Antiga Audiencia e cárcere de estilo neoclásico e cunha porta de arco adintelado, foi reconstruida no ano 1791. No ano 1556 xa era cárcere e máis tarde foi audiencia.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

cerralbo
museo orinais
torre dos clérigos
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Historia de vida

De España a Portugal 1ª

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe por España e Portugal 1ª parte por Manolo Gulías

Viaxe por España e Portugal 1ª parte por Manolo Gulías

Viaxe por España e Portugal 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

                   PRIMEIRA PARTE, DE PONTEVEDRA A SALAMANCA

Saímos no coche o luns 13 de xuño a iso das nove da mañá. A nosa intención era ir ver ese día de primeiro o mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil que está na provincia de Ourense e chegar a tempo de ir ver os canóns do Sil no catamarán que fai a viaxe ás 12 da mañá.

A ruta que seguimos foi primeiro meténdonos pola autopista AP-9 en dirección a Vigo, logo pola A-53 e a OU-11. Entrando en Ourense continuamos pola beira do río Miño seguindo a estrada cara a Ribeira Sacra, e indo a modo, en pouco máis de hora e media estabamos diante do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Este mosteiro, que está na parroquia do mesmo nome, pertence ó concello Ourensán de Nogueira de Ramuín, situado no que chamamos a Ribeira Sacra e que todos coñecemos, entre outras cousas, pola calidade do seu viño.

Na actualidade é un hotel da rede de Paradores de Turismo e foi declarado monumento nacional no ano 1923 e ben de Interés Cultural no ano 1985.

Só aparcar o coche no adro pasamos á parte visitable anque forma parte do parador.

Como acostuma a suceder nestes casos, non puidemos entrar na igrexa porque estaba pechada.

Este mosteiro foi construído entre os séculos XII e XVIII. Anque a tradición di que foi fundado no século VI por san Martín Durmiense.  Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

palacio Salina
Alba de Tormes
casa das conchas
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Tenerife 1ª parte

Tenerife 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

De Bolonia a Rávena por Ana Santos Solla

De Bolonia a Rávena por Ana Santos Solla

De Bolonia a Rávena

Ana Santos Solla

De Bolonia a Rávena: unha viaxe a lume lento por Emilia-Romaña

Introdución
Ás veces, unha soa vez non chega para coñecer a alma dunha cidade. Por iso, sen moito preparar, decidimos volver a Bolonia. É unha desas cidades ás que hai que regresar máis dunha vez. Eu xa o fixera dúas, e sempre me quedara o gusanillo de volver.

Mirando voos para Azores, Lisboa… de súpeto dixemos: por que non Bolonia? Puxémolo no navegador e apareceu un voo Santiago–Valencia, Valencia–Bolonia por 92 euros ida e volta con Ryanair. Había que facer unha pequena escala no aeroporto de Valencia, tanto na ida como na volta, pero como iamos con sete días por diante, ben valeu a pena.

Collemos un apartamento preto da estación de tren e buses para movernos mellor, xa que queriamos visitar algúns dos pobos da contorna como Parma, Rávena, Módena e Ferrara.

Día 1 – Chegada a Bolonia (Xoves)

Saímos ás 5:45 da mañá desde Santiago de Compostela e chegamos a Bolonia ás 11:30, antes do previsto. A entrada no apartamento estaba prevista para as 15:00, pero chamáronnos para dicir que podiamos entrar ás 12:00. Perfecto.

Ao chegar ao aeroporto, mercamos a tarxeta Marconi Express para coller o tren que, en sete minutos, te deixa na estación central. Ida e volta: 23,50 euros. O apartamento estaba a apenas 10 minutos de camiño. Deixamos as mochilas e decidimos comezar a ruta das torres, un percorrido circular polas torres máis emblemáticas da cidade: Uguzzoni, Prendiparti, Altabella, Conoscenti… Seguimos máis ou menos unha ruta de Wikiloc

Aínda que eu xa visitara o Archiximnasio noutra ocasión, quixen volver a entrar. Subimos polas súas maxestosas escaleiras, que che obrigan a mirar cara arriba si ou si. Os escudos de armas que decoran as paredes son recordo dos estudantes ilustres que pasaron por alí, nunha universidade considerada a máis antiga de Europa.

Visitamos tamén o Teatro Anatómico (entrada: 3 euros), unha sala dedicada ao estudo da anatomía, flanqueada polas figuras de Hipócrates e Galeno. Na Aula Magna, non queda máis remedio que sentarse e deixarse levar pola beleza que te envolve. Desde alí víase a biblioteca, unha sala que, por desgraza, estaba pechada para visitantes.

Seguimos o paseo até as torres Garisenda e Asinelli, que estaban pechadas por obras. Eu subira no 2007 e lembraba ben a vista panorámica da cidade e a inclinación da máis pequena.

Era o momento do xeado. Lembraba a xeadería á que sempre volvía despois dos paseos: a Sorbeteria Castiglione. Non cambiara nada. Sentámonos na rúa cun xeado delicioso nas mans, vendo pasar o tempo.

Despois, xa algo cansos polo madrugón, buscamos un supermercado para mercar algo para cear e almorzar ao día seguinte. A cama pareceunos marabillosa para os corpos moídos de tanto camiñar.

Ler máis

Rávena
Parma
Módena
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Arxentina

Viaxe a Normandía, Vernon, Giverny, Rouen

Campiña inglesa: Bath e Bristol

A illa do Hierro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Uns días en Xapón por Sara Valenzuela Viz

Uns días en Xapón por Sara Valenzuela Viz

Uns días en Xapón

Sara Valenzuela Viz

É moi difícil contar esta viaxe. Era unha viaxe planificada. Fomos cun grupo de amigos. Estamos afeitos a planificar viaxes pero ista foi unha viaxe diferente Vimos moitas cousas en moi pouco tempo e quero contarvos todo. Espero que o gocedes tanto coma nós.

En primeiro lugar, quero falar dos xaponeses. Xapón é coñecido pola súa hospitalidade e o seu carácter respectuoso, organizado e honesto. Isto reflíctese na súa vida cotiá. Vese tanto no transporte público como na rúa. Dan grazas por todo. O xesto de inclinar a cabeza ou a parte superior do torso é unha sinal de saúdo, reverencia, gratitude ou desculpas.

En Toquio, unha megalópole de máis de 30 millóns de habitantes, non hai lixos, non hai nin un só papel no chan. Non hai contedores de lixo para recoller residuos nas rúas. Despois duns días de viaxe por Xapón, dáste conta de que non tes onde deixar o teu lixo, tes que gardalo para poder tiralo no hotel, ou onde esteas. Só fan isto os xaponeses. Noutros países aos que viaxei, non o vin. Non é que limpen moito, non é necesario, é que non manchan. Os baños dos bares máis cutres están impecables.

Foi un país que me impresionou moito. É unha cuestión de raíces culturais. Está claro. Podería estar escribindo e falando de costumes xaponeses moito tempo, pero vou comezar a falarvos da propia viaxe.

Estivemos  9 días e vimos moito en tan poucos días. Visitamos grandes cidades e pequenas aldeas. Tratarei de resumir e ao mesmo tempo contar as nosas experiencias.

Vou comezar por Toquio. Estivemos tres noitesA metrópole máis poboada do mundo é a capital de Xapón. É famosa pola súa moda e zonas comerciais. Os barrios comerciais de moda de Harajuku e Shibuya, así como as tendas emblemáticas de luxo de Ginza.

A primeira visita que fixemos foi ao santuario Meiji, un santuario xintoísta dos anos 20 rodeado por un vasto bosque e dedicado ao emperador e emperatriz Meiji, Un bosque que abarca unha superficie de 700.000 m² (uns 175 acres) e contén 120.000 árbores de 365 especies diferentes. Esta árbores  foron doadas pola xente de todo Xapón cando se construíu o santuario. O bosque é moi popular como zona de lecer e tranquilidade no centro de Toquio.O santuario foi destruído durante os bombardeos da II Guerra Mundial e tivo que ser reconstruído en 1958.

Xapón
xapón 1
Xapón 2
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Viaxe a Panamá

Marrocos pola costa

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

A illa do Hierro: Natureza en estado puro por Ana Santos

A illa do Hierro: Natureza en estado puro por Ana Santos

A illa do Hierro

Ana Santos Solla

A Illa do Hierro: natureza en estado puro
Un soño cumprido. Camiñamos entre sabinas retortas polo vento, mergullámonos en charcos de lava, gozamos de miradoiros infinitos e saboreamos as mellores quesadiñas do mundo. Unha illa salvaxe, auténtica e máxica. O Hierro xa forma parte de nós.

A Illa do Hierro: Un soño cumprido

Esta foi unha viaxe moitas veces soñada. Sei que foi a serie Hierro, con Candela Peña, a que me incitou a emprender esta aventura, da que regreso feliz.

Enlazamos unha viaxe por Tenerife e A Gomera para, finalmente, visitar e coñecer a Illa do Hierro.

A Illa do Hierro é a máis occidental e tamén a máis pequena das illas principais do arquipélago canario. A súa natureza volcánica, paisaxes abruptas e biodiversidade fan dela un lugar moi especial e auténtico. É unha illa de orixe volcánica, con múltiples conos, campos de lava e unha xeografía moi accidentada.

Un dato importante: para ir ao Hierro desde A Gomera en avión, hai que regresar primeiro a Tenerife. O voo de A Gomera a Tenerife dura uns 30 minutos, e de Tenerife ao Hierro, uns 40 minutos máis. Alí collemos un coche de alugueiro coa compañía CICAR —un Opel Corsa por 115 euros durante cinco días.

Día 1: Chegada

O noso voo chegou á illa ás 15:10. Recollimos o coche e puxemos rumbo á capital para mercar algo no supermercado antes de ir ao apartamento que alugáramos na zona de La Frontera: 4 noites por 244 euros.

Saímos pasear un pouco pola zona de La Maceta, un paseo volcánico moi fermoso co solpor de fondo. Non era nada doado camiñar polas pedras volcánicas co calzado que levabamos, así que regresamos pronto. Fixemos fotos da lava, dos roques, das formacións na auga con arcos imposibles… unha ruta que, ao saír do camiño, leva o nome de malpaís pola presenza de rochas fragmentadas de orixe volcánica.

Ler máis

Hierro 1
charca azul
sabina vella
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Arxentina

Viaxe a Normandía, Vernon, Giverny, Rouen

Campiña inglesa: Bath e Bristol

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥