De Jaca a Pontevedra por Manolo Gulías

De Jaca a Pontevedra por Manolo Gulías

De Jaca a Pontevedra

RUTA FEITA NO MES DE XULLO DO ANO 2019

Tiñamos pensado ir para Huesca pero como hai poucos quilómetros e se chega pronto, levantámonos cedo, a iso das sete da mañá, e puxemos rumbo á cidade francesa de Lourdes, calculamos que nos podía levar dúas horas e media pero foron case tres as que tardamos ata ter o coche aparcado na rúa Sainte Marie diante do hotel Irlande. Fomos pola estrada E-7 e pasamos polo lado dunhas covas que xa visitaramos cando a miña muller botara unha semana en Jaca cando eu facía o servicio militar, as covas de Las Güixas, daquela tiveramos que levar un candil de carburo na man para poder ver algo, logo pasamos polo lado de Canfranc que ten unha estación de ferrocarril incrible pero como tamén xa a viramos non nos desviamos do noso camiño, tamén pasamos de lado Candanchú coas súa famosa pista de esquí, onde tamén xa estiveramos, porque antes de chegar metémonos no gran túnel de Somport que une España e Francia, inaugurado en xaneiro do ano 2003 ten unha lonxitude de 8608 metros, do lado francés a estrada é peor que do lado español e ao principio con moitas curvas, logo rodeamos a cidade de Pau e seguimos ata Lourdes.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Gruta Iris
Huesca
Navarra
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Exipto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

De Pontevedra a Jaca por Manolo Gulias

De Pontevedra a Jaca por Manolo Gulias

De Pontevedra a Jaca

RUTA FEITA NO MES DE XULLO DO ANO 2019

O sábado día vinte de xullo, a iso das oito e media da mañá, puxémonos en camiño para dar un paseo por algunhas partes de España que non coñeciamos ben ou xa estaban bastante esquecidas polo tempo que facía que non as visitabamos, unha maneira de romper a monotonía da vida que levaramos durante o ano. Provistos das guías do País e da revista Tiempo na man, o noso primeiro destino: Valladolid.

Coas maletas no coche, dende Pontevedra metémonos na AP-9 e puxemos rumbo en dirección a Vigo, continuamos logo pola A-55 a A-52 e enlazamos coa A-6 un pouco antes de Benavente, alí metémonos no medio da cidade para tomar un café e logo continuamos pola autoestrada ata enlazar coa A-62 en Tordesillas, logo pola N-601 chegamos ao noso destino.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Santa Mª a Antigua
Igrexa de San Pablo
Vitoria
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Exipto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Parte 3: Viaxe por Albania, Macedonia do norte e Serbia por Sara Valenzuela

Parte 3: Viaxe por Albania, Macedonia do norte e Serbia por Sara Valenzuela

Albania, Macedonia do norte e Serbia

Sara Valenzuela

A viaxe do 2021. Outubro

3ª parte, Albania, Macedonia do norte e Serbia.

Ola, a viaxe continúa, esperamos que gozarades o contado ata agora..

De Montenegro nos diriximos a Albania, estivemos en Durres, Ksamil, e Tirana, seguimos logo por Macedonia do Norte e Serbia. Seguiremos compartindo esta experiencia.

Vouvos falar da visita a Durres, estamos a 17 de outubro.

Alugamos, como fixemos ata agora, un piso no centro da cidade. O propietario era moi simpático díxonos que o piso estaba ao lado da casa da súa nai, e que  tiña garaxe no patio da casa. Cando chegamos preguntámoslle se tiña cafeteira, díxonos que non, que os albaneses adoitaban tomar café no bar e buscamos a forma de facelo nós, (mercamos un coador e con servilletas de papel, tiñamos organizado o xeito de facer o café), gústanos almorzar na “casa”. Fomos ver a zona e cando volvemos ao piso, atopamos unha cafeteira nova diante da porta, pareceunos un bonito detalle.

Durrés foi fundada polos gregos, está considerada a cidade máis antiga deste país e é, despois da capital, Tirana, a segunda con maior poboación e importancia económica. Está moi cerca da capital, a só 38 quilómetros e é un pouco a praia e o porto de Tirana.

Trala fin da guerra, o réxime comunista de Enver Hoxha reconstruíu a cidade e converteuna nun centro de industria pesada. A liña de ferrocarril de 38 km que une Durrës con Tirana, iniciada en 1947, foi a primeira de Albania. E en 1980 a cidade chamábase Durrés-Enver Hoxha. 

Foi un dos máis importantes portos marítimos dos Balcáns, hoxe é caótica, desordenada, pero  paseando pola cidade atopamos restos de monumentos  romanos, bizantinos e venecianos. 

Escollemos Durres por estar á beira do Adriático, ter praia e polos seus restos arqueolóxicos: o anfiteatro, os baños públicos, restos dun acueduto e as murallas veneciano-bizantinas, a torre veneciana, e como xa vos dixen na outra crónica, os lugares para visitar polo camiño e pasar tres ou catro días, escollémolos con catro ou cinco días de antelación, e reservamos os pisos, pero xa tiñamos os países previstos antes do comezo da viaxe.

saber máis

Sara e Benito
Benito
Sara
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Países do sur e centro de Europa 1ª parte

2ª parte de Xénova a Podgorica

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

2ª parte, de Xénova a Podgorica por Sara Valenzuela

2ª parte, de Xénova a Podgorica por Sara Valenzuela

Viaxe Liubliana a Montenegro

Sara Valenzuela

A viaxe do 2021. Setembro 

2ª parte, de Xénova a Podgorica

Cando saímos de Xénova parecía que se produciría unha inundación, como chovía! Ata agora o bo tempo non nos acompañaba, e en Ljubljana, a nosa seguinte parada, cando chegamos , ao mediodía, a choiva seguía. Paramos nunha pequena vila, Postoina, a tomar un café e facer a compra, os eslovenos son xente moi agradable, con moi bo trato, o que facilita a estancia nun país.

Tivemos que comprar un paraugas, non había outra. Pero aínda así, a pesar do frío e a choiva, desfrutamos moito da cidade.

Aínda hai covid, pero iso nin se nota, as mascarillas non se ven, os bares están cheos, pódese fumar en todos os sitios, pero nós procurabamos ter moita precaución.

Chegamos pola tardiña a Ljubljana, estabamos xa a 6 de outubro, entre aparcar e quedar coa filla do dono do apartamento pasaron un par de horas, unha vez que solucionamos, marchamos a coñecer a cidade, viviamos moi preto do centro.

É unha cidade cómoda para pasear, con moita xuventude, e moito que ver. Vouvos contar.

A praza principal de Liubliana chámase Preseren, e o seu nome provén  dun gran poeta esloveno, un dos  seus poemas converteuse no himno nacional. A Praza Prešeren, está presidida pola estatua do poeta do mesmo nome, France Prešeren, un dos máximos expoñentes do Romanticismo esloveno e europeo. A praza é o centro neurálxico da cidade, sempre animada e usada como punto de encontro da xente local que van coas bicicletas dun lado a outro.

saber máis

eslovenia
Benito
comida
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Países do sur e centro de Europa 1ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Países do sur e centro de Europa por Sara Valenzuela

Países do sur e centro de Europa por Sara Valenzuela

España-Francia

Sara Valenzuela

A viaxe do 2021. Setembro Primeira parte

Despois de celebrar a voda da nosa filla, preguntámonos, que tal unha viaxe? E decidimos levala a cabo, collemos o noso coche, e así o fixemos. Para chegar a Europa, para non deixarnos angustiar pola distancia e ir con tranquilidade e paseniño, decidimos facer dúas paradas en España, unha estaba en Haro, unha das capitais do viño de Rioja, e a outra parada en Figueras, Girona, coa idea de chegar a Francia, que era o noso primeiro obxectivo.

En Haro só estivemos unha noite, chegamos a tempo de facer un percorrido pola cidade e coñecer o seu fermoso centro histórico. Un dos puntos que nos pareceu máis interesante foi o Pazo da Praza da Cruz onde se atopa un magnífico edificio de planta cadrada e tres plantas do que destacan a súa fachada semicircular, os fabulosos balcóns do segundo andar e o ornamentado escudo heráldico. A súa construción data de mediados do século XVIII. Destacar tamén a escultura situada diante da entrada, que rende homenaxe aos vellos embotelladores de viño, os botadores de bota. Obrigado cear no Restaurante Beethoven, onde se pode degustar un delicioso cordeiro. saber máis

Museo Dalí
Maison carrée
Padua
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Carrapateira (Portugal)

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Subida ao monte Pindo, Carnota por Peque González

Subida ao monte Pindo, Carnota por Peque González

O Pindo, levanta os seus 627 metros de altura a beira do mar de Carnota. A subida é doada e a paisaxe diferente a calquera outra ruta de montaña, cun aquel de maxia e natureza que nos fai repetir ano tras ano, nas mesmas datas, ao inicio de setembro, o reencontro co “monte”, como alí o chaman. Escollemos a ruta  máis directa, ben sinalizada, que comeza na aldea de Pindo; iniciamos  nunha corredoira ascendente que nos mete de cheo nas caprichosas formas das pedras que configuran este monte granítico, inspirador de numerosas lendas e historias. 

Pindo

Neste primeiro tramo, camiñamos baixo a sombra dos piñeiros que rebrotan despois do incendio devastador do 2013, ata chegar ao cruce co camiño que ven desde Caldebarcos, e “Onde se adora”. 

Pindo 2
Pindo 3

A partir de aquí, a sombra practicamente desaparece, porque a vexetación que nos acompaña é maioritariamente o carballo anano (quercus lusitanica), endémico no Pindo, uces e toxos, salpicados de flores do chamado falso azafrán (crocus nudiflorus), que iluminan o camiño.

Carballo
Uces
azafran

Facemos unha primeira parada para contemplar o mar, con Fisterra ao fondo, e poñer nome ás enormes pedras que temos diante: asentos, guerreiros, nais, ratos…. 

Continuamos a subida, por un camiño estreito, con rochas e ben definido, ata chegar a un fantástico miradoiro natural sobre a Praia de Carnota, a máis longa de Galicia. A Boca do río, a marisma que se crea na desembocadura do río Vadebois na propia praia, convida ao baño que nos agarda ao baixar. 

Dende o Pindo
Monte Pindo
Boca do Pindo

Pouco máis adiante, no Chan de Lourenzo, atopamos o gardián do monte, o Guerreiro, inmensa figura granítica emblemática na mitoloxía da zona. Preto do Guerreiro adivíñase algunha construción abandonada. 

A partir de aquí, o mar mais presente é o da ría de Corcubión, e a praia de Caneliñas, que acolle os restos da última baleeira galega. 

Guerreiro
Fisterra

O camiño encárase un pouco ata chegar a unha zona máis cha, que enlaza coa subida desde o Fieiro. Só queda o último tramo ata chegar á Moa, que nos agarda, coma sempre con vento e unhas vistas únicas desta marabillosa costa, desde Fisterra ata Corrubedo. As enormes lousas de pedra que compoñen a Moa están furadas polas chamadas marmitas de xigante ou pilancones, cavidades erosivas con moitos millóns de anos de antigüidade. A historia contémplanos, e nós a ela, demorándonos na paisaxe antes de iniciar o descenso

Marmitas
Moa
pano
Peque González Novoa

Peque González Novoa

Profesora

Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación. 

No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.

Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo. 

Salomé Álvarez

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥