A importancia das revisións xinecolóxicas a calquera idade

A importancia das revisións xinecolóxicas a calquera idade

A importancia das revisións xinecolóxicas a calquera idade, tamén despois da menopausia

Recibimos a visita de Ana Santos desde o colectivo pontevedrés “De Vella a Bella” en compañía do Dr Celso Rodríguez, xinecólogo.

 Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira no programa “Máis de Un Pontevedra”. Escoitar

Dr Celso
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a São Miguel nas Azores por Ana Santos

Viaxe a São Miguel nas Azores por Ana Santos

São Miguel: cinco días entre néboa, auga e luz

Ana Santos Solla

Fai cousa dun mes decidimos preparar unha viaxe ás Azores. Eu xa coñecía São Miguel, pero apetecíanos volver e engadir Terceira. O que ía ser unha viaxe de dous acabou converténdose nunha viaxe de catro, desas que xa nacen cun aquel de aventura compartida.

Buscamos os voos máis axeitados para febreiro e finalmente decidimos saír do 8 ao 17 con SATA, desde Oporto. O plan quedaba así: de Oporto a São Miguel do 8 ao 13, de São Miguel a Terceira do 13 ao 17, e regreso o día 17. En total, os tres voos saíron por 170,22 euros por persoa.

A saída era ás 12:40, con chegada a Ponta Delgada ás 14:10.

Saímos de Pontevedra ás 9:15 da mañá. Ao chegar ao aeroporto deixamos o coche no parking Prime Park (70 euros por 10 días). Xa na terminal avisáronnos de que podiamos facturar gratuitamente: nos billetes indicaba que só se podía levar unha mochila ou maleta de 8 kg, pero en realidade permitían ambas cousas sen pesar. Nós, por prudencia, cumprimos estritamente e levabamos só a maleta de 8 kg e unha mochila pequena.

O voo foi tranquilo, envolto nun ceo moi nubrado que, por sorte, non chegou a romper en chuvia. Chegamos puntuais, recollemos as maletas e fomos directamente buscar o coche que tiñamos reservado.

Era un Renault Clio da compañía Enterprise: cinco días con seguro a todo risco por 156,22 euros. Co coche xa en marcha, puxemos rumbo ao noso aloxamento, a apenas doce minutos do aeroporto: a Herdade do Ananás. Cinco noites con almorzo e parking por 400 euros a parella. Un lugar especial, case máxico, situado no medio dunha plantación de piñas, onde o aire parece ter outro ritmo.

Deixamos as maletas e saímos cara á capital. En dez minutos estabamos en Ponta Delgada, paseando polo centro e recoñecendo vellos cafés da miña viaxe de 2015, agora transformados en locais de moda.

Un deles, o Louvre Michaelense, antiga tenda de sombreiros e despois cafetería, é hoxe restaurante e coctelería. Mantén as vellas vidreiras e escaparates no interior, cun ambiente que lembra unha tenda de antigüidades. O servizo é coidado e todos os produtos levan o selo “made in Azores”. Entre as súas tentacións destaca o “Segredo”, un pastel de chocolate que podería ser a Mona Lisa deste pequeno Louvre atlántico. Reservamos para cear cedo.

Seguir lendo e descargar

concelho Ponta delgada
plantación de te
pico da Barrosa
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Aix en Provence

Aquitania

Burdeos

Os Impérios de Terceira

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos

Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos

aromaterapia

“Aromaterapia” 

11

Luns/Maio

Medicina Integrativa

Agora que nos achegamos ao verán propóñovos este taller introdutorio á aromaterapia. Faremos un percorrido pola súa historia, veremos como funcionan os aceites esenciais e en que baséase esta terapia para o seu éxito. Veremos algunha das sinerxías mais interesantes para está época que vén de calor, varices, reafirmantes etc… Como sempre un taller práctico onde che levases a túa sinerxía para comezar a usar. Reserva a túa cita ata o 08 de maio

Ás 18:00 horas
Pontevedra
Buenaventura Aparicio

“Buenaventura Aparicio” 

12

Martes/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito” impartida polo historiador Buenaventura Aparicio Casado.

O acto, presentado por Alicia Esteban Crespo, terá lugar o vindeiro martes 12 de maio ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Alfredo Conde

“Alfredo Conde” 

12

Martes/Maio

Librería Cronopios

Presentación do libro de Alfredo Conde, “memorias desaforadas” acompañado por Rodrigo Cota.

Ao longo das súas páxinas, Memorias desaforadas reúne recordos, reflexións e anécdotas que conforman unha vida marcada pola literatura, as viaxes e o encontro con múltiples culturas e personaxes. Coa mirada lúcida e o estilo narrativo que caracteriza a Alfredo Conde, o autor comparte vivencias que transitan entre o íntimo e o histórico, o cotián e o extraordinario.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
Manuel Bouzas

“Manuel Bouzas” 

13

Mércores/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Manuel Bouzas dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
tu man nieko neprimeni

“Tu man nieko neprimeni” 

13

Mércores/Maio

Facultade de Comunicación

Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. “tu man nieko neprimeni” de Marija Kavtaradze.

A bailarina Elena e o intérprete de lingua de signos Dovydas conocense e forman un fermoso vínculo. A medida que se adentran nunha nova relación, deben atopar a maneira de construir o seu propio tipo de intimidade.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Mambar pierrete

“Mambar Pierrette” 

13

Mércores/Maio

Fundación Cuña-Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa cuarta sesión terá lugar este mércores, 13 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme: 

MAMBAR PIERRETE- Direc.: Rosine Mbakam

 País e ano: Camerún, 2022. Duración: 93 m

Sipnose: Pierrette, costureira en Douala, cría soa aos seus fillos e coida da súa nai. Está acostumada vivir ao día, pero aínda ten que sortear a algún que outro carteirista e as inundacións da súa casa e o seu taller. Pierrette cose teas, mantendo unido o tecido da súa vida, mentres os seus clientes cóntanlle os seus problemas.

Ás 20:00 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Borxa González

“Borxa González” 

13

Mércores/Maio

A Pedreira

O galego nas redes sociais. Como fazer da nossa língua unha ferramenta de conexom expressim e transformaçom. Falará Borxa González de orgullo galego

Ás 20:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
A tres bandas

“A 3 Bandas” 

14

Xoves/Maio

CMUS Manuel Quiroga

Concerto na Ferrería, Banda I do CMUS Manuel Quiroga e Coro infantil, Dirección: Miguel Dopazo e Nanette Sánchez.

Banda II CMUS, Dirección José Pérez.

Banda de música Unión musical de Tenorio, Dirección: Claudio Clemete valente dos Santos Leite.

Ás 19:30 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
obradoiro poético

“Vivir sendo muller” 

14

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Un espazo para escribirnos, pensarnos e escoitarnos, onde a palabra se fai corpo, memoria e resistencia. Obradoiro poético “vivir sendo muller”, un achegamento á escrita feminista en galego con micro aberto. Impartido por: @noitaaf_
Terá lugar o 14/05/2026 de 18:30 a 20:30 en Pontevedra.
Inscrición previa a través do QR do cartel!!!

Ás 18:30 horas
Espazo O abrigo, Pontevedra
Denis Maza

“Denis Maza” 

14

Xoves/Maio

Librería Nobel

O día 14 de maio celebraremos a presentación do libro de Denis Maza, “Al girar la rueda” ás 19:30 na librería Nobel.

Ningunha relación previa existe entre Jorge, un home que tocou fondo despois dun fatídico suceso no que se ve envolto, Marta, xerente na empresa familiar, casada e con dúas nenas, que por fin conseguiu a estabilidade emocional que leva toda a vida buscando, e Carlos, un policía nacional cunha existencia sinxela, feliz coa súa muller e as súas rutinas cotiás.

Ás 19:30 horas
Librería Nobel, Pontevedra
Aderruba

“A derruba” 

14

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Exposición colectiva “A derruba”.

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o xoves 14 de maio, ás 20:00h

Inscrición previa a través do QR do cartel!!!

Do 14 de Maio ao 27 de Xuño
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
mi querida

“Mi querida señorita” 

14

Xoves/Maio

Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube

abías que existe unha película española producida durante o franquismo que trata a intersexualidade?

𝐌𝐈 𝐐𝐔𝐄𝐑𝐈𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐍̃𝐎𝐑𝐈𝐓𝐀 de Jaime de Armiñán, estreada en 1971. Nela cóntase a historia de Adela, unha muller solteira que comeza a sentirse incómoda consigo mesma e coa súa identidade.

En colaboración co @cineclubepontevedra , proxectaremos este clásico do cine español que vén de ser recuperado nun remake producido polos Javis e con guión de Alana S. Portero.

Todas as actividades de AMBIENTa son de acceso libre e de balde, ata completar cabida

Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
seantience

“Olaia Freiría” 

14

Xoves/Maio

A Pedreira

Proxección + coloquio de Seantience de @etica.animal con Olaia Freiría en Pontevedra!

O xoves 14 de maio ás 20h, xuntarémonos para comentar esta peza audiovisual sobre a sintiencia dos animais mariños.

Seantience é un documental creado pola  Fundación Ética Animal. 

A proxección dura uns 30 minutos e irá seguida dun coloquio de Olaia Freiría, activista antiespecista dende 1999, coordinadora xeral de Ética Animal e anteriormente, cofundadora da Fundación Derechos para los Animales e Equanimal. 

Ás 20:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
Irene Aschero

“Irene Aschero” 

14

Xoves/Maio

UNED

Paixón en “Clave de Tango”. A Universidade, a través do seu programa de Extensión Universitaria, promove iniciativas culturais que achegan as artes escénicas á sociedade, fomentando o diálogo entre a comunidade académica e a contorna social. Neste contexto, a actuación “Paixón en Clave de Tango” de Irene Aschero preséntase como unha oportunidade única para desfrutar dunha expresión artística profundamente arraigada na tradición cultural, como é o tango. Este espectáculo combina música, emoción e narrativa escénica, ofrecendo unha experiencia que transcende o meramente artístico para converterse nun vehículo de transmisión cultural e sensibilización estética. A actuación no Auditorio de UNED Pontevedra reforza o compromiso da universidade coa difusión cultural aberta e accesible a toda a cidadanía.

Ás 20:00 horas 
Auditorio da UNED, Pontevedra
Jose serrano

“Santiago López” 

15

Venres/Maio

UNED Pontevedra

Biografía novelada que explora a vida de José López Serrano (1924/2015). Republicano e comunista, nacido en Puertollano, que pasou 19 anos encarcelado en diferentes prisións franquistas.

A bibliografía non só recupera a memoria dun represaliado, sinon tamén a de toda unha xeración derrotada e silenciada pola dictadura.

Ás 19:00 horas
UNED, Pontevedra
Videodrome

“Videodrome” 

15

Venres/Maio

Campus Crea

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Videodrome (Canadá, 1983), de David Cronenberg, nunha nova sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
Lucía Mojón

“Lucía Mojón” 

15

Venres/Maio

Librería Nobel

O día 15 de maio celebraremos a presentación do libro de Lucía Mojón, “Unha sorpresa ruidosa” , actividade para a cativada, ás 19:00 na librería Nobel.

Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
nene Barros

“Nee Barros” 

15

Venres/Maio

Libraría Paz

O Veña que comezamos!! 
E da mellor das maneiras, coa presentación do libro “Guia de linguagem não binária” , editado por @atraveseditora

Anotade a data, o venres 15 de maio ás 19:30h temos unha cita con @neeumatiko na @librariapazpontevedra , agardámosvos a todes!!! 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
a terra laranxa

“Si la tierra fuera naranja” 

15

Venres/Maio

Liceo Casino

Conferencia con un percorrido visual polo Sistema Solar, tomando como referencia distintas ubicacións de Pontevedra. “Si la tierra fuera naranja, un paseo a escala polo sistema solar”
Durante a sesión abordaránse, de forma amena e divulgativa, aspectos como os tamaños dos planetas e as distancias que os separan do Sol. A actividade está dirixida a público a partir de 10 anos e non require conocimientos previos.
A conferencia contará coa participación de José González Coma, profesor e investigador do Centro Universitario de Defensa na Escola Naval Militar, e de Andrea García González, pianista, cantante e docente musical que abrirá e pechará o acto, con sendas pezas musicais.
A entrada é libre e gratuita.
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Cancións en Cuña Casasbellas

“Sergio Ariel&Amor Herrera” 

15

Venres/Maio

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de invitarlle á presentación do traballo musical “Cancións e outras cuestións” de Pequena Gran Compañía, cos artistas Amor Herrera e Sergio Ariel Rodríguez. CANCIÓNS E OUTRAS CUESTIÓNS Amor Herrera e Sergio Ariel [Pequena Gran Compañía] “Cancións e outras cuestións” …é un resumo de 16 anos de carreira artística da Pequena Gran Compañía e dos espectáculos que formaron parte deste percorrido. Desde “Con nome de muller” ou “Inmigrante” ata cancións gravados nos seus discos, e melodías que se fixeron imprescindibles nos seus concertos en directo. Con este espectáculo a Pequena Gran Compañía recupera a súa esencia inicial navegando entre sorrisos, poemas, cantigas e rescatando proxeccións audiovisuais que formaron parte das súas presentacións en auditorios e teatros.

Ás 20:30 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
paciente experto

“Paciente experto” 

13

Mércores/Maio

Pontecorazón

Aprender de quen xa percorreu o camiño O vindeiro mércores 13 de maio ao 12.00 h terá lugar unha charla moi especial no Salón de Actos do Hospital Montecelo. Paciente Experto é unha iniciativa na que varios pacientes que xa completaron o programa de Rehabilitación Cardíaca compartirán a súa experiencia privado: como afrontaron o diagnóstico, que cambios incorporaron á súa vida e como recuperaron a confianza para seguir adiante. Escoitar a outras persoas que viviron unha situación similar pode ser de gran axuda para resolver dúbidas, atopar motivación e comprobar que é posible volver levar unha vida activa e saudable. Entrada libre Unha excelente oportunidade para aprender, compartir e sentirse acompañado no proceso de recuperación.
Ás 12:00 horas
Salón de Actos do Hospital Montecelo, Pontevedra
salinas de Ulló

“Camiñada: Salinas de Ulló” 

16

Sábado/Maio

Pontecorazón

Camiñada Pontecorazón
Un mes máis, dentro das nosas xornadas “Quedadas Saudables”, organizamos unha camiñada. O vindeiro 16 de maio ás 9:30 h convidámoste a compartir unha mañá diferente en boa compañía, gozando do aire libre e do movemento xuntos.
Percorrido: Salinas do Ulló (Vilaboa).
Actividade gratuíta e aberta a todas as persoas socias de Pontecorazón, así como familiares e amizades.
Non é necesario anotarse previamente: só tes que achegarte ao punto de saída e sumarte á experiencia.
Porque camiñar xuntos tamén é coidar do corazón.
Ás 09:30 horas
Aparcadoiro Paredes-Vilaboa, Pontevedra
cociñando por España

“Cociñando por Galicia” 

16

Sábado/Maio

Cociñando Por España: Galicia Este Día das Letras Galegas celebramos a gastronomía e tradición da nosa terra cun taller moi especial Aprenderemos a preparar: Empanada de atún, Mexillóns á albariño, Torta de Santiago. Unha experiencia para desfrutar cociñando, compartindo e saboreando algúns dos pratos máis emblemáticos de Galicia. Sábado 16 de maio De 11h a 13h Prazas limitadas Reserva o teu sitio en Cousiñas.es

Ás 11:00 horas
Cousiñas, Camiño de Ferro 4, Pontevedra
Lume manso

“Lume Manso” 

16

Sábado/Maio

Editorial Verme

O sábado 16, véspera das Letras Galegas teremos un encontro moi especial en @opetomaxico_libreria

Falaremos da Colección #LumeManso con Baia Fernández de la Torre e de cantas cousas agocha.

Se é que hai libros que naceron para ser contados.

Ás 12:00 horas
O peto máxico, Pontevedra
Carlos Lixó

“Carlos Lixó” 

16

Sábado/Maio

Libraría Paz

O vermú entre libros este mes protagonízao @carlospogho que estará acompañado de @miriamferradans

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
concerto punk

“Brais das Hortas e Peter Punk” 

16

Sábado/Maio

A Pedreira

Concertaço!!!!! Brais das Hortas e Peter Punk xuntos!!
Peter Punk Pallaso
Brais das Hortas

Ás 12:30 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
Lúa mosquetera

“Lúa Mosquetera” 

16

Sábado/Maio

O mercado

Lúa Mosquetera en Pontevedra!
O 16 de maio, ás 13:00h, conversa con @mosquetera_ en O Mercado, modera @su_pedre.

Quen é? Poeta e escritora galega que traballa no ámbito do spoken word, combinando poesía recitada, música e escena.

 Entrada de balde

Ás 13:00 horas
O mercado, Pontevedra
Ensemble

“Ensemble allettamento” 

16

Sábado/Maio

Museo de Pontevedra

Concerto Ensemble Allettamento no Museo. Mario Braña ao violín barroco e Elsa Pidre ao violonchelo barroco ofrecen un concerto de música antiga no que recuperan obras pouco coñecidas do repertorio para estes instrumentos dos séculos XVII e XVIII e amosan como mudou a relación entre os dous instrumentos. Nun primeiro momento, o violonchelo exercía principalmente como acompañante no baixo continuo, aínda que, en ocasións, asumía el só esta función, o que esixía gran virtuosismo e capacidade de improvisación. Co paso ao século XVIII, esta práctica consolídase e permite novas posibilidades sonoras en combinación co violín. Progresivamente, o violonchelo vai adquirindo protagonismo ata acadar un papel solista equiparable, o que dá lugar a un diálogo máis equilibrado entre ambos. Este proceso culmina nunha linguaxe máis homoxénea e nunha nova forma de escritura musical que marcará o desenvolvemento posterior do repertorio para estes instrumentos.

Ás 12:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Revolver

“Revólver” 

16

Sábado/Maio

Concello de Pontevedra

Unha viaxe ao orixe Revólver volta á carretera con LA 03010, un proxecto que representa moito máis que un novo álbum de estudio: é unha coordenada emocional, un regreso ao orixe e unha das obras máis complexas e persoais na traxectoria de Carlos Goñi, que continúa explorando novos territorios creativos. Baixo este enigmático código —o código postal do barrio alicantino de Los Ángeles onde viviu de rapaz— nace un repertorio que viaxa ás historias que marcaron os seus inicios.

Ás 21:00 horas 
Pazo da Cultura de Pontevedra
taller de reposteria

“Taller repostería” 

17

Domingo/Maio

Taller de Repostería – Especial Letras Galegas O vindeiro domingo 17 invitámoste a desfrutar dunha experiencia doce moi especial onde elaboraremos algunhas das delicias máis tradicionais:
Cañitas recheas, Melindres e Bica galega.

Un taller pensado para aprender, desfrutar e celebrar a nosa tradición reposteira. Domingo 17/05 De 11.00 a 14.00 Prezo: 45 € E o mellor… lévascho todo a casa! Para que poidas compartir e degustar as túas creacións coa túa familia ou amigos Prazas limitadas – reserva reservas en cousiñas.es 

Ás 11:00 horas
Cousiñas, Camiño de Ferro 4, Pontevedra
suricata

“Begoña Caamaño” 

17

Domingo/Maio

Museo de Pontevedra

Suricata Teatro. Begoña Caamaño: a tecedora de historias.

Este espectáculo de contacontos ten como obxectivo achegarlle ao público infantil e familiar a figura de Begoña Caamaño, a través da narración oral, e involucralo en diversas dinámicas. A proposta busca dar a coñecer a vida e obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2026, e poñer en valor a lingua galega e o poder das historias.que marcará o desenvolvemento posterior do repertorio para estes instrumentos.

Ás 12:30 horas
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
paisaxes

“José Luis Millán” 

8

Venres/Maio

Deputación de Pontevedra

Exposición “Paisaxes de mar e oficio” de José Luis Millán Coira

Paisaxes de mar e oficio” é unha escolma de fotografías onde o mar e a terra se atopan, xerando unha paisaxe feita de luz, de sal e de traballo. En cada imaxe, o fotógrafo recolle o diálogo entre a forza das mans e o ritmo da marea para transcender a paisaxe e ofrecer, ao mesmo tempo, unha homenaxe silenciosa a quen fai do mar o seu camiño.

do 8 ao 24 de maio
Palacete das Mendoza, Pontevedra
ojos y canutos

“Diego Rubio” 

7

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.

Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
expo na casa das campás

“E ademais debuxan” 

6

Mércores/Maio

Concello de Pontevedra

A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás.  Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.

Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
maquetas

“María Cuevas” 

4

Luns/Maio

Liceo Casino

Do 4 ao 18 de maio, o Liceo Casino de Pontevedra acolle a exposición ‘Maquetas e Miniaturas artesanais‘ de María Cuevas, unha colección que transforma o pequeno en algo extraordinario. A inauguración terá lugar o día 4 de maio ás 20:00 horas. O encanto do cotián en miniatura As maquetas recrean espazos próximos e reconocibles —tendas de barrio, froiterías, obradoiros, talleres ou fachadas— nunha homenaxe aos oficios tradicionais e á memoria do cotián. As súas pezas, de 30×25 e 50×25 cm, están elaboradas con materiais reciclados como cartón, plásticos, teas, envases, botóns ou pasta de papel, dando unha segunda vida a obxectos cotiáns a través da arte. Esta vocación naceu durante a pandemia e, desde entón, a autora desenvolveu un traballo minucioso que combina a súa formación en Delineación cun proceso autodidacta, logrando escenas de gran precisión e sensibilidade.Unha mostra con detalle, creatividade e alma sostible que non te deixará indiferente. Esperámoste! A entrada libre e gratuíta.

Do 4 ao 18 de Maio 2026
Liceo Casino, Pontevedra
Ruibal. Bellas

“Ruibal & Bellas” 

30

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal

O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.

Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
Patricia Maquieira

“Patricia Maquieira” 

25

Sábado/Abril

Tábula Rasa

Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.

Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos

Silvai Bardelás

“Silvia Bardelás” 

4

Luns/Maio

Libraría Paz

Luns 4 de maio recibimos a escritora, filósofa e editora Silvia Bardelás presenta o seu novo libro “Una conciencia nueva” publicado por @acantiladoeditorial acompañada de Penélope Pedreira 

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
mazarelo

“Manuel Portas” 

5

Martes/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Mazarelos,  do escritor Manuel Portas.

O acto, no que intervirán Anxo González Guerra e Manuel Portas, terá lugar o vindeiro martes 5 de maio ás 19:00 horas, na librería Metáfora.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Librería Metáfora, Pontevedra
presentación

“Xermán Torres” 

5

Martes/Maio

Universidade de Vigo

Presentación do libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun isntituto model (Pontevedra 1939-1976) de Xermán Manuel Torres Aboal.

Modera: Xosé Manuel Cid Fernández

Actuación musical: Coro Universitario de Pontevedra

Ás 19:00 horas 
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Morgana

“Beatriz Caamaño&Anxos Rial” 

5

Martes/Maio

O Sofá Violeta

O martes 5 de maio volvemos sentar arredor do sofá violeta, para charlar de Morgana en Esmelle con Beatriz Caamaño e Anxos Rial. Será un encontro especial, no que as persoas que formamos parte do club de lectura feminista nos xuntaremos con rapazada do IES Sánchez Cantón. Se queres vir podes anotarse en apuntate.pontevedra.gal:
Anímate que o pasamos xenial
Ás 19:00 horas.
IES Sánchez Cantón, Pontevedra
Mentores del saber

“Mentores del saber” 

5

Martes/Maio

UNED Pontevedra

Mentores del Saber: webinars para aprender de una vida de conocimiento

Esta conferencia desenvólvese ao redor dos motivos polos que unha obra, cualificada polo seu autor de “caricatura de traxedia”, estreada o 20 de decembro de 1918, permaneceu durante máis dun século no repertorio teatral convertida nun clásico. Previamente al webinar, contaremos con una breve presentación de Irene Aschero, que servirá como anticipo de su actuación principal, que tendrá lugar el jueves 14 de mayo a las 20:00 horas en el salón de actos.

Ás 19:00 horas
UNED, Pontevedra
reanimación

“RCP, Reanimación cardiopulmonar” 

6

Mércores/Maio

Pontecorazón

Charla informativa sobre o RCP, Reanimación Cardiopulmonar, impartida pola unidade de rehabilitación cardiaca do CHUP

Ás 12:00 horas
Salón de actos de Montecelo, Pontevedra
primavera feminista

“Primavera Feminista” 

6

Mércores/Maio

Igualdade Pontevedra

Tolas ou rebeldes?, o segundo Faladoiro da Primavera Feminista convídanos a reflexionar sobre o control social e represión das mulleres

Tres magníficas relatoras (Carmen V. Valiña, Mª Xesús López Escudeiro e Carme Vidal Laxe) abordarán o tema da man da xornalista Alba Moledo Ucha. Será o vindeiro mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, no CIM-Centro de Información á Muller de Pontevedra (Praza José Martín, s/n -1º andar)Entrada libre ata completar a cabida

Ás 19:00 horas.
CIM-Centro de Información á Muller de Pontevedra
expo na casa das campás

“E ademais debuxan” 

6

Mércores/Maio

Concello de Pontevedra

A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás.  Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.

Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
voces no Museo

“Voces no Museo” 

6

Mércores/Maio

CMUS Manuel Quiroga

Actuación do Coro, Recital de Coro e piano do alumnado da aula de canto.

Directora: Cristina Suárez

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Mav Alonso

“Mav Alonso” 

6

Mércores/Maio

O peto máxico librería

Non te perdas o Mércores 6 de Mayo a Mav Alonso estará connosco na librería para un ratito de charla e asinando os seus marabillosos libros ás 19.00!! Achegarvos esperámosvos a todos

Ás 19:00 horas
O peto máxico, Pontevedra
Begoña Feijóo

“Begoña Feijóo” 

6

Mércores/Maio

Libraría Paz

O mércores 6 recibimos a Begoña Feijoo que falará do seu libro Un anaco de mazá seca @rinoceronteeditora acompañada de María Varela

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
venis de lejos

“Vides de lonxe” 

6

Mércores/Maio

Fundación Cuña Casasbellas

Inicio ciclo “Miradas de directoras africanas neste século”

Filme documental: “Vides de lonxe” de Amal Ramsis. No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa terceira sesión terá lugar este mércores, 6 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme:

 VIDES DE LONXE: Direc.: Amal Ramsis

 País e ano: Exipto 2018. Música: Shadi Farid

DOCUMENTAL – Duración: 84 m

 Sipnose: A historia dunha familia palestina a través do tempo e o espacio, de quen loitou na guerra civil española, na segunda guerra mundial ou na guerra civil libanesa.

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
funeral parade

“Funeral parade of roses” 

7

Xoves/Maio

Facultade de Comunicación

Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. Funeral parade of roses de Toshio Matsumoto.

Retrato en clave surrealista de varios transexuais no Tokio dos anos 60. A película narra os acontecementos que envolven a vida de Eddie e outros travestidos da escena underground de Tokio. O título da película é un xogo de palabras. “Bara”, que significa rosa, é un termo xaponés que serve para designar pexorativamente aos homosexuais.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
ojos y canutos

“Diego Rubio” 

7

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.

Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Alba Tomé

“Alba Tomé” 

7

Xoves/Maio

Libraría Paz

O xoves 7 de maio estará con nós Alba Tomé coa súa primeira novela As humidades @galaxiaeditorial acompañada de Iria Collazo López 

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
contando los dias

“Contando los días” 

7

Xoves/Maio

Ambienta_cinema_lgbtiqa

𝐂𝐎𝐍𝐓𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐈́𝐀𝐒 é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta o inicio da relación entre as súas protagonistas, Ana e Claudia. A primeira tempada desta microserie, formada por 34 episodios autoconclusivos, resultou finalista do premio Mestre Mateo á Mellor Serie Web e do premio á Mellor Creación en Novos Medios do @oda_esp

​En #AMBIENTa2026 poderemos ver a tempada íntegra en pantalla grande, unha experiencia única. Tras o visionado, Tania e Alba, protagonistas, creadoras e produtoras da serie, charlarán con @evamejuto , xornalista e escritora.

Todas as actividades de AMBIENTa son de acceso libre e de balde, ata completar cabida

Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
retrincos sonoros

“Retrincos sonoros” 

8

Venres/Maio

CMUS Manuel Quiroga

Retrincos sonoros

Banda infantil, Ensemble de violas, Ensemble de trombóns e bombardinos, Coro II

Ás 19:00 horas
Centro sociocultural Pontevedra Leste
Eva Veiga

“Eva Veiga” 

8

Venres/Maio

Editorial Olifante

Agardámosvos en Pontevedra. O vindeiro 8 de maio, ás 19 h., no Paraninfo do IES Valle-Inclán de Pontevedra, na presentación do meu último poemario O que se volve raíz/ Lo que se vuelve raiz (editorial Olifante). Terei a fortuna de contar coa introdución da profesora e crítica literaria Malores Villanueva; do pintor e poeta Antón Sobral; e dos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares que me acompañarán no recital. Sería marabilloso contar con vós.

Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
Lorena souto

“Lorena Souto” 

8

Venres/Maio

Libraría Paz

O venres 8 recibimos a @coleoptera.souto acompañada de @genaro_da_silva_mendez  editorial Chan da pólvora 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
queco freco

“Queco Fresco” 

8

Venres/Maio

Queco Fresco

Presentación de “Feridas Espidas” en Pontevedra o venres 8 ás 20 h. na Fundación Cuña-Casasbellas.

Unha presentación onde música e poesía fusionaranse para emocionar. Silvia Figueiras Dovalo e Queco Fresco (Autor), serán as voces na recitación, Laura Santiago e Franjo Besada, os responsables da parte musical, interpretando poemas musicados do libro.
E todo conducido por Anabelen Corbacho .

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
static dance

“Ecstatic Dance” 

8

Venres/Maio

Práctica de movemento libre e non verbal baseada en principios de autoexpresión, encarnación e comunidade. Invita as participantes a moverse libremente coa música sen instrucións nin expectativas. Experiencia guiada pola pianista e guitarrista Riu @kisparggg Viaxe musical en forma de onda que anima á exploración emocional, catarse e presenza encarnada. Acompañada pola facilitadora de intimidade somática Noemí @presenza.de.luz Xogar, deixarse levar e sentir. Ven e segue o ritmo da música cos teus propios impulsos internos!

Ás 20:00 horas
O Sanatorio, Andrés Muruais, Pontevedra
Galza nova

“As súas guerras a nosa precariedade” 

8

Venres/Maio

Galiza Nova

O vindeiro venres 8 de maio achégate coas túas amizades a @laverbenaclub_, onde falaremos da alternativa ás guerras imperialistas que defende a mocidade nacionalista.

Para fechar a xornada contamos cunha sesión DJ da @emejota.gz  

Ás 20:00 horas
La Verbena, Travesía Charino, 29,  Pontevedra
querida Agatha christie

“Querida Agatha Christie” 

8

Venres/Maio

Afundación

Querida Agatha Christie direcciónJuan Carlos Rubio. Con: Carmen Morales, Juan Meseguer

Producción: Txalo producciones, Olympia Metropolitana e La Alegría producciones

«Unha comedia dramática onde conviven o humor e a bágoa, o xénero fantástico, o misterio e a tensión, cun final inesperado»

Agatha está soa no cuerto dun hotel en Tenerife, incapaz de durmir por un presente cheo de dor pola perda da súa nai e a ruptura co seu marido. Quere acabar co sufrimento tomando un veleno que trouxo de Inglaterra. Pero a súa decisión cambia coa inesperada visita de Benito Pérez Galdós, un escritor que tamén está no hotel. Entre eles xorde unha conexión intensa e divertida que revela segredos, medos e desexos. Benito tenta impedir que Agatha se dea por vencida, ofrecéndolle esperanza nun duelo emocional cargado de humor, misterio e humanidade.

Ás 20:30 horas
Auditorio AFUNDACIÓN, Pontevedra
fagal

“Xornadas interdisciplinarias de Fagal” 

9

Sábado/Maio

Fagal

Chega o noso evento favorito do ano! As XXIV Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Agardámoste o día 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Consulta toda a info na nosa web ​ https://xornadas.fagal.org/ 

Ás 09:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
vela artesanal

“Vela artesanal” 

9

Sábado/Maio

Aromara

Maio chega con novos talleres para desfrutar, crear e regalar experiencias especiais. O sábado día 9 temos un taller, crearemos unha vela artesanal tipo cóctel xunto a @assteria_ , con tres modelos para elixir e ese punto creativo que tanto nos gusta. Info e reservas por DM ou na nosa tenda.

Ás 11:30 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
Eugenio Outeiro

“Eugenio Outeiro” 

9

Sábado/Maio

Libraría Paz

O sábado 9 estará con nós Eugenio Outeiro acompañado de Carlota Román e Sabela Otero.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Maria Lado

“María Lado” 

9

Sábado/Maio

La verbena

Compráceme anunciar que este sábado, día 9 de maio, en sesión vermú (isto venche sendo ás 13:00 horas) presentamos en @laverbenaclub_ Odias a poesía/Odias la poesía, libro que con tanto agarimo flúor editaron no selo LuscoFusco de @editorialelvira.
Recitarei acompañada da música e ambientes guapísimos de @xavibertolo e fará de mestra de cerimonia a miña querida @_aranau
E despois podemos botar unha parrafada ou celebrar o verso e aínda chegades a tempo ás vosas casas pra ir xantar coa familia e dicir “pois nada, que baixei mercar o xornal e prendín na silveira da poesía e.. .xa sabes como é Pontevedra, cidade de vida social imprevisible”.

Vinde, que nós vos firmamos un xustificante

Ás 13:00 horas
La verbena, Pontevedra
Lo cotidiano en arte

“Transforma o cotidiá en arte” 

9

Sábado/Maio

Tangram

En Pontevedra unha pausa creativa, crear coas túas mans e levarte unha peza feita por ti!

Non precisas experiencia previa, só gañas de crear, experimentar e regalarte un momento propio

Durante os tres primeiros sábados de maio convídote a vivir tres experiencias íntimas e diferentes para explorar a creatividade desde o cotiá, o persoal e desde a túa propia historia.

Taller 1. O cotiá como inspiración: Convertirás escenas do teu día a día, rincóns da túa casa o convesas habituais en material creativo. Ao final levarás unha pequena serie sobre bastidor inspirada na tua propia vida!

Ás 17:00 horas
Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
Adela

“Adela Martínez Martí” 

9

Sábado/Maio

Adela Martínez Martí

Presentación de “Los finos hilos del pasado” de Adela Martínez Martí en Pontevedra o sábado 9 ás 19:30h. na Fundación Cuña-Casasbellas.

Unha presentación por parte de Eva Rodríguez. Intervirán Dory Serrano e Paula Pérez coa actuación musical de James Vivas.

Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Tienda horrores

“A tenda dos horrores” 

9

Sábado/Maio

UNED

A Tenda dos Horrores é unha comedia musical baseada nunha película dos anos 60. A acción transcorre na década dos anos 50, en plena explosión e inicio do rock and roll e do son doo-wop, no barrio máis marxinal e miserable de Nova York, onde está situada a floraría Mushnik, cuxa propietaria é unha muller estranxeira. Alí, un dos seus empregados (Seymour) comeza a criar unha estraña e interesante planta que acaba de mercar. Entre el e a outra empregada (Audrey) convencen á dona para que expoña a planta no escaparate e, a partir dese momento, o éxito chega á floraría. A planta (Audrey II) faise famosa en todo o país e convértese nunha mina de ouro que fará que a miserable vida dos protagonistas vaia dando un xiro.  Entrada libre ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Auditorio da UNED, Pontevedra
Fillas de Casandra

“Fillas de cassandra” 

9

Sábado/Maio

Concello de Pontevedra

Fillas de Cassandra presenta en directo ‘Tertúlia’, o seu novo disco. O recinto feiral da cidade do Lérez acollerá a estrea absoluta do novo espectáculo do dúo, que regresará aos grandes escenarios galegos após un ano de ausencia.

 Entradas á venda en Woutick entre 22 e 25€+ gastos de xestión 

Ás 22:00 horas 
Recinto Feiral de Pontevedra
ponteandadas

“Ponteandadas” 

10

Domingo/Maio

Concello de Pontevedra

INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 10 de Maio a 2ª ruta Ponteandadas 2026 A PARDA-CABANAS
10h con saída e chegada no Parque Damian-A Parda
13 km – circular- Dificultade: Media
Inscrición ata o venres 8 de Maio ás 24h. 9,30 Quecemento con Marcha Nordica Para calquer aclaracion no cartel adxunto… nos telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion
VIDA É  MOVERNOS

Ás 09:30 horas 
Parque Damian-A Parda, Pontevedra
Ruibal. Bellas

“Ruibal & Bellas” 

30

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal

O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.

Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
Lienzos de 12 onzas

“Lienzos de 12 onzas” 

27

Luns/Abril

Luva boxing club

Arte e boxeo seguen sumando golpes contra o cancro A exposición solidaria “Lenzos de 12 onzas”, organizada por @luvaboxingclub a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro continúa o seu percorrido e desde hoxe xa se pode visitar en @sentiapilatescenter , onde ademais xa podes puxar polas luvas de boxeo únicos creados por 12 artistas nacionais. Unha iniciativa que tivo unha gran acollida desde a súa estrea e que une arte e deporte cun obxectivo común: deixar K.O. ao cancro. Achégate, participa na poxa. Sentia Pilates Center (c/ Peregrina, 52) Desde hoxe e ata o venres 8 de maio Desde a Asociación queremos dar nosa máis sinceros parabéns ao equipo de Luva Boxing Club polo éxito desta iniciativa tan emocionante.
Do 27 de abril ao 8 de maio
Sentia Pilates, Peregrina 52, Pontevedra
Patricia Maquieira

“Patricia Maquieira” 

25

Sábado/Abril

Tábula Rasa

Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.

Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
Mediveo

“O Mediveo” 

24

Venres/Abril

Facultade de Belas Artes

*O Medievo: Influencia e herdanza.*
 exposición do 24 ao 5 de maio.
Un proxecto por mor de San Ero para o cal faremos unha fanzine colaborativa con debuxos, pinturas, poesía, esculturas, fotografía que traten as ideas, mitos e estética medieval que aínda segue viva!
O fanzine e as pezas aparecerán para as súa exposición en O Abrigo!
Proposta colaborativa da man de:
MAXIPUKIS xu_bear/ Bill Rivas / saBELa pazo & carlos denis

Do 24 de abril ao 5 de Maio
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Arte pola xustiza

“Arte pola xustiza e a igualdade social” 

4

Sábado/Abril

Galería Tangram

A exposición “Arte pola xustiza e a igualdade social”, de @paint_inblck Monica Pérez, reúne unha serie de obras realizadas ao óleo que abordan, desde unha mirada sensible e profunda, cuestións fundamentais do noso tempo. A través desta técnica clásica, a artista constrúe composicións de gran expresividade, onde a materia, a cor e a luz convértense en vehículos de denuncia, memoria e conciencia social. Cada peza invita o espectador a unha contemplación pausada e a un diálogo coas realidades que nos interpelan como sociedade. Unha proposta artística que conxuga tradición técnica e compromiso contemporáneo.

Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra

Proximamente

aromaterapia

“Aromaterapia” 

11

Luns/Maio

Medicina Integrativa

Agora que nos achegamos ao verán propóñovos este taller introdutorio á aromaterapia. Faremos un percorrido pola súa historia, veremos como funcionan os aceites esenciais e en que baséase esta terapia para o seu éxito. Veremos algunha das sinerxías mais interesantes para está época que vén de calor, varices, reafirmantes etc… Como sempre un taller práctico onde che levases a túa sinerxía para comezar a usar. Reserva a túa cita ata o 08 de maio

Ás 18:00 horas
Pontevedra
Irene Aschero

“Irene Aschero” 

14

Xoves/Maio

UNED

Paixón en “Clave de Tango”. A Universidade, a través do seu programa de Extensión Universitaria, promove iniciativas culturais que achegan as artes escénicas á sociedade, fomentando o diálogo entre a comunidade académica e a contorna social. Neste contexto, a actuación “Paixón en Clave de Tango” de Irene Aschero preséntase como unha oportunidade única para desfrutar dunha expresión artística profundamente arraigada na tradición cultural, como é o tango. Este espectáculo combina música, emoción e narrativa escénica, ofrecendo unha experiencia que transcende o meramente artístico para converterse nun vehículo de transmisión cultural e sensibilización estética. A actuación no Auditorio de UNED Pontevedra reforza o compromiso da universidade coa difusión cultural aberta e accesible a toda a cidadanía.

Ás 20:00 horas 
Auditorio da UNED, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos

Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos

pido papas

“Pido Papas” 

27

Luns/Abril

A Pedreira

Pido Papas na Pedreira! Xogos, pasatempos… e galego en acción
27 Abril – 17:30h
Inscriçom 625 48 70 93
@pidopapas_gal

Ás 17:30 horas
A Pedreira, Pontevedra
Lienzos de 12 onzas

“Lienzos de 12 onzas” 

27

Luns/Abril

Luva boxing club

Arte e boxeo seguen sumando golpes contra o cancro A exposición solidaria “Lenzos de 12 onzas”, organizada por @luvaboxingclub a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro continúa o seu percorrido e desde hoxe xa se pode visitar en @sentiapilatescenter , onde ademais xa podes puxar polas luvas de boxeo únicos creados por 12 artistas nacionais. Unha iniciativa que tivo unha gran acollida desde a súa estrea e que une arte e deporte cun obxectivo común: deixar K.O. ao cancro. Achégate, participa na poxa. Sentia Pilates Center (c/ Peregrina, 52) Desde hoxe e ata o venres 8 de maio Desde a Asociación queremos dar nosa máis sinceros parabéns ao equipo de Luva Boxing Club polo éxito desta iniciativa tan emocionante.
Do 27 de abril ao 8 de maio
Sentia Pilates, Peregrina 52, Pontevedra
concerto

“Concerto” 

27

Luns/Abril

Boa Vida

Voces que cruzan fronteiras, música para a comunidade
O noso Coro Intercultural vén compartir moito máis ca cancións: historias, emocións e encontros 

 Luns 27 ás 18:30h en Pontevedra

 Un concerto aberto, cercano e cheo de vida
 Un espazo onde a diversidade soa mellor ca nunca

 Achégate, trae a quen queiras e déixate levar pola música

Ás 18:30 horas
Rúa da seca 3, Pontevedra
Candidatos reitoria

“Eleccións ao Reitorado” 

27

Luns/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un debate cos candidatos ao Reitorado da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra.

O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro luns 27 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas 
Casa das campás, Pontevedra
meu lar

“Urbanismo medieval en Pontevedra” 

28

Martes/Abril

Xerardo Torres Agulla

Este martes ás 12h, nova charla de Xerardo Torrado Agulla no local parroquial de Santa María.

Ás 12:00 horas.
Local parroquial de Santa María, Pontevedra
Patchword

“Taller de Patchwork” 

28

Martes/Abril

Facultade de Belas Artes

 Obradoiro de traballo con tecidos!

Este martes 28 de abril, ven pasar cos nosos artesáns a tarde no O Abrigo, convertido nun taller medieval onde crear pezas con materiais reciclados, con tecidos seleccionados entre teas donadas e camisetas do noso patrón de anos anteriores.
Daremos as teas, fíos, tesoiras e agullas. Non é necesario saber coser pois contamos con varios mestres versados na costura e un pequeno trasno costureiro con máquina de coser para asistirvos.
Camis con parches, tote-bags e calquera invención da túa ocurrencia, agardamos a túa presencia!
Prazas ofertadas: 15
Prezo inicial: 4 doblóns de euro, para cubrir os gastos materiais necesarios.

Ás 16:30 horas.
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
la princesa prometida

“La princesa prometida” 

28

Martes/Abril

Cineclube Belas Artes

La princesa prometida de William Goldman 1987

Despois de buscar fortuna durante cinco anos, Westley (Cary Elwes) retorna á súa terra para casar coa súa amada, a bela Buttercup (Robin Wright Penn), á que xurara amor eterno. Con todo, para recuperala haberá de enfrontarse a Vizzini (Wallace Shawn) e os seus esbirros. Unha vez derrotados estes, terá que superar o peor dos obstáculos: o príncipe Humperdinck (Chris Sarandon) pretende desposar á desdichada Buttercup, a pesar de que ela non o ama, xa que segue namorada de Westley.

Ás 19:00 horas 
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Her Job

“Her Job” 

28

Martes/Abril

F.U.L.A.N.A.S.

 Moi boas xentiña

Ás 19:30 na Imos proxectar a película ”Her Job” do director Nikos Labôt, temos preto o 1 de maio e quixemos facer unha reflexión sobre o traballo a través desta obra.

Aproveitamos que está próxima esta data para lembrar que os movementos sociais (feministas, antifascistas e anticapitalistas) son espazos estratéxicos para a construción de sociedades máis xustas!

Ás 19:30 horas 
Fundación Cuña-Casasbellas, Xerardo Álvarez Limeses, 12 Pontevedra
Macbett

“Macbett” 

28

Martes/Abril

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continúa coa representación de Macbett, unha obra de Eugène Ionesco inspirada no Macbeth de William Shakespeare, por parte da aula de teatro do campus de Vigo. Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, un elenco de 14 actores e actrices presentarán unha traxicomedia que satiriza o poder absoluto e a tiranía a través do absurdo, combinando elementos da trama orixinal da obra de Shakespeare.  

Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta.

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
il fervore

“Il Fervore” 

28

Martes/Abril

Sociedade Filarmónica de Pontevedra

CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA. IL FERVORE

Duración aprox 1 h 10 min (sen pausa)

Director e violín Jesús Merino

Soprano Jone Martínez, Viola Ricardo Gil , Violonchelo Candela Gómez, Contrabaixo Ismael Campanero, Clave Julio Caballero, Tiorba e guitarra barroca Ignacio Laguna

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
mercadillo de san ero

“Mercadillo de San ero” 

29

Mércores/Abril

Facultade de Belas Artes

Queremos os anunciar que o día 29 de abril celebraráse o mercadillo de san ero, “BELAS ARTES NA RÚA III”. Convidamos aos cidadans da facultade a participar como comerciantes e como pueblerinos.
Para poder participar debedes enviar unha paloma a dirección do reinado de delegación de estudiantes mercadillobbaapontevedra@gmail.com cunha petición formal seguindo as leis impostas.
Agardamosvos con moitisimas ansias o 29 de abril ás 10:00-18:00 na fachada da facultade.
Preparados para a recta final da Gran Festa do noso patrón San MedievalEro o 30 de abril!!!

De 10:00 a  18:0 horas.
Xardíns diante da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Patricia SanMiguel

“Patricia San Miguel” 

29

Mércores/Abril

Facultade de Comunicación

O mércores 29 de abril ás 12h imos falar de influencers. E quen mellor que Patricia San Miguel presentando o seu Libro Branco da Influencia Responsable, para seguir ca explicación de que é Thinkfluencer, a ferramenta dixital para a evaluación da ética dos influencers.

Remataremos cun coloquio sobre o presente e futuro desta xeración de creadores de tendencias, no que van participar influencers galegos e docentes da facultade.

Ás 12:00 horas
Pranta baixa da Facultade de Comunicación, Pontevedra
charlas fisioterapia

“De pes a cabeza” 

29

Mércores/Abril

A Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark) deseñou un completo programa con motivo do día mundial desta enfermidade neurolóxica, que se celebra o 11 de abril. 

O tema das Xornadas sobre a enfermidade de Parkinson é Abordaxe 360 e desenvolveranse entre os días 8 e 29 de abril.

O programa das xornadas Abordaxe 360, continúa este 29 de abril coa mesa redonda De pes a cabeza, que correrá a cargo da podóloga Gloria García e a psicóloga Teresa Hernaez

Ás 17:00 horas
Sala de conferencias Afundación, Pontevedra
Tamara Andrés

“Tamara Andrés” 

29

Mércores/Abril

Concello de Pontevedra 

Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)

E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Encontro con Tamara Andrés a partir da obra: Eu son de aquí e de alá (Editorial Galaxia)

Que facer para participar? Ler a obra seleccionada

Ás 19:00 horas
Pontevedra
Begoña Caamaño

“Begoña Caamaño” 

29

Mércores/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía” impartida pola escritora Marga do Val.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
Luis Valle

“Luis Valle” 

29

Mércores/Abril

Libraría Paz

Presentación do libro Somos de Luis Valle, editorial Xerais. O autor estará acompañado por Samuel Merino

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Rosendo salvado

“Valentín Carrera” 

29

Mércores/Abril

Museo de Pontevedra

Presentación do libro El mundo desde abajo sobre Rosendo Salvado con Valentín Carrera e Manel Loureiro, editorial Folch&Folch. O autor estará acompañado por Samuel Merino

Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra, Pontevedra
afouteza

“Afouteza celtista” 

29

Mércores/Abril

Librería Nobel

Para todas e todos os amantes do deporte, do fútbol e do Celta 
Presentamos Afouteza celtista
 Coa presenza do autor Manuel Bragado
Acompañado polo editor Xavier Romero
Un encontro para sentir o celtismo, compartir paixón e vivir o fútbol dun xeito único

Ás 19:30 horas 
Librería Nobel, Pontevedra
Jean Renoir

“La gran ilusión” 

29

Mércores/Abril

Fundación Cuña Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías,  terá lugar este miércoles, 29 de abril, ás 20:00h, a proxección do film: 

LA GRANDE ILLUSION (La gran ilusión) Direc.: Jean Renoir

Sipnose: Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Unha obra sobre a camaradería e as relacións humanas que retrata o día a día duns prisioneiros franceses nun campo de concentración alemán durante a Gran Guerra. Nada máis chegar ao campo, dous oficiais da aviación francesa decátanse de que os seus compañeiros de barracón están a escavar un túnel para escapar de alí.

Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12), Pontevedra
Duarte Correa

“Duarte Correa” 

29

Mércores/Abril

Maio Longo

Presentación do libro: “O imperialismo do século XXI” do autor Duarte Correa
Interveñen: Xosé Abilleira, presidente da asociación cultural Maio Longo e Duarte Correa, Autor do libro
Mércores 29 de abril as 20:00 na casa das Campás 
Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Tartufo

“Insurrección” 

29

Mércores/Abril

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra  continúa coa representación de Insurrección, por parte do grupo Maricastaña da aula de teatro do campus de Ourense. Con dramaturxia e dirección de Fernando Dacosta, trátase dunha obra inspirada no libro Rebelión na granxa, de George Orwell, que presenta a historia da insurrección dun grupo de persoas traballadoras que está a ser oprimida polo xefe e que conseguen facerse co control dos seus medios de traballo e de subsistencia, o que á súa vez leva á pregunta de se nalgún momento sería posible unha nova insurreción. 

Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta.

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Ruibal. Bellas

“Ruibal & Bellas” 

30

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal

O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.

Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
Fernando Hernández

“Fernando Hernández” 

30

Xoves/Abril

Librería Nobel

Esta semana temos unha cita moi especial na nosa libraría!
O vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 17:00 h, contaremos coa presenza do autor Fernando Hernández González para a sinatura do seu libro Conmigo muere tu secreto.
Animamos a todas e todos os lectores a achegarse, descubrir esta obra e compartir un intre co autor. Unha oportunidade perfecta para levar o teu exemplar asinado e coñecer de preto a historia que está a conquistar lectores.

Ás 17:00 horas 
Librería Nobel, Pontevedra
Diego Bará

“Diego Bará” 

30

Xoves/Abril

Libraría Paz

Estamos moi felices porque o vindeiro xoves 30 ás 18 temos o noso primeiro obradoiro infantil con contacontos! Da man de @diegocho_eu  para crianzas a partir de 7 anos @cumioeditora

Ás 18:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
masa critica

“Reparación de bicicletas” 

30

Xoves/Abril

A Pedreira

O xoves 30 de Abril Obradoiro de reparación de bicicletas e ás 21:00 Masa crítica, saída da praza da Peregrina

Ás 19:00 e ás 21:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
vida encuberta

“Escenas da vida encuberta” 

30

Xoves/Abril

Librería Metáfora

Este xoves 30 ás 19h acollemos a presentación do libro “Escenas da vida encuberta”. Concibidas e escritas para a posta en escena polos Obradoiros de Teatro Escolares, coa colaboración de Alentía e Metátese Teatro.

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
Tartufo

“Los muchachos olvidados de Dios” 

30

Xoves/Abril

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra clausúrase nesta xornada coa representación de Los muchachos olvidados de Dios, por parte da asociación cultural Anaqueronte do Perú. Trátase dunha obra escrita e dirixida por Javier Valencia Palomino, que levan ao escenario Manuel Guerrero e Lady Gayoso e que está inspirada nos testemuños dos conflitos internos do Perú, das décadas de 1980 a 2000. A través dunha creación dramática chea de metáforas poéticas e físicas, a obra busca dar voz a casos esquecidos e ocultos, de persoas que se viron atrapadas entre as forzas da orde, por un lado, e os grupos terroristas, por outro.

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
cata de riojas

“Cata de Riojas” 

30

Xoves/Abril

Mímate delicatessen

O broche final ao mes de abril vai poñer esta cata de riojas quen se anima? Abrimos inscricións! Xoves 30 de abril. 20.30. 35€/persoa. Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas. Inclúe maridaxe. Na propia tenda. 685 487 498 Por privado. Da man de Jacobo Rivas Rodiño.

Ás 20:30 horas
Mímate Delicatessen, Pontevedra
andaina rotaria

“As cruces de pedra de Castelao” 

2

Sábado/Maio

Rotary Club

Invitámosvos a todos a un tempo nova actividade cultural ao aire libre, que une exercicio físico, cultura literaria e patrimonio. Nin máis nin menos que una andaina polas cruces de pedra de Castelao na parroquia de Lérez (Pontevedra). Propoñemos un roteiro circular, sinxela, de 3 horas de duración, que contará cun guía que nos explicará in situ, durante todo o percorrido, os puntos importantes ilustrados na obra do noso veciño Daniel Castelao, un das figuras insignes da nosa terra, “As cruces de pedra na Galiza”. Estamos seguros de que será unha xornada fantástica. inscrición
https://forms.gle/aMxHFaiqt9RygY4y6  

Ás 10:00 horas
Mosteiro de Lérez, Pontevedra
mis galletas

“Taller de galletas” 

2

Sábado/Maio

Mis galletas y otras cosas

O próximo sábado 2 de mayo temos un curso infantil de galletas para regalar a mamá. En horario de 11:00 a 13:00, para inscribirse escríbenos a nuestro WhatsApp +34 618 467 846 

Ás 11:00 horas
Misgalletas, rúa Arzobispo Malvar 43, Pontevedra
bolso cuero

“Bolso de coiro” 

2

Sábado/Maio

Aromara

Maio chega con novos talleres para desfrutar, crear e regalar experiencias especiais. O sábado día 2 temos un taller de bolso de coiro da man de @enxebre_bolsos , unha proposta perfecta para sorprender no Día da Nai con algo diferente: tempo compartido e unha peza feita a man. Info e reservas por DM ou na nosa tenda.

Ás 11:30 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
tegra

“Tegra” 

2

Sábado/Maio

Incodefest

Ola a todxs!! Como xa sabedes, TEGRA @mmmmarinha é unha das encargadas de poñer a banda sonora á nosa festa de presentación do INCODE FEST III.

Se aínda non a escoitastes, preparádevos para un directo cheo de experimentación, ruído e electrónica minimalista. Unha viaxe sonora que semella vir do fondo do mar e que tedes que vivr en directo. 

O vindeiro sábado 2 de maio ás 19:00h agardámosvos no @soulbeer_pontevedra.

Ás 19:00 horas
Soulbeer,Rua Alta, 9 – Baixo, Pontevedra
Patricia Maquieira

“Patricia Maquieira” 

25

Sábado/Abril

Tábula Rasa

Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.

Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
Mediveo

“O Mediveo” 

24

Venres/Abril

Facultade de Belas Artes

*O Medievo: Influencia e herdanza.*
 exposición do 24 ao 5 de maio.
Un proxecto por mor de San Ero para o cal faremos unha fanzine colaborativa con debuxos, pinturas, poesía, esculturas, fotografía que traten as ideas, mitos e estética medieval que aínda segue viva!
O fanzine e as pezas aparecerán para as súa exposición en O Abrigo!
Proposta colaborativa da man de:
MAXIPUKIS xu_bear/ Bill Rivas / saBELa pazo & carlos denis

Do 24 de abril ao 5 de Maio
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Arte pola xustiza

“Arte pola xustiza e a igualdade social” 

4

Sábado/Abril

Galería Tangram

A exposición “Arte pola xustiza e a igualdade social”, de @paint_inblck Monica Pérez, reúne unha serie de obras realizadas ao óleo que abordan, desde unha mirada sensible e profunda, cuestións fundamentais do noso tempo. A través desta técnica clásica, a artista constrúe composicións de gran expresividade, onde a materia, a cor e a luz convértense en vehículos de denuncia, memoria e conciencia social. Cada peza invita o espectador a unha contemplación pausada e a un diálogo coas realidades que nos interpelan como sociedade. Unha proposta artística que conxuga tradición técnica e compromiso contemporáneo.

Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a 30 de Abril do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro ao 30 Abril 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 